2.000 persoas din non á reforma da Constitución na praza da Quintana |
|
| 19 Set 2011 |
Secretario xeral da CIG demandou o recoñecemento do carácter plurinacional do Estado, o dereito a decidir e o dereito á autodeterminación das nacións Por volta de 2.000 persoas somáronse á convocatoria que sob o lema "Galiza pola soberanía, os direitos sociais e os servizos públicos. Esta reforma da Constitución é unha fraude!", convocaron 14 organizacións sindicais, políticas e sociais, ademáis da CIG, a Organización de Montes en Man Común, o BNG, ADEGA, Comités, FRUGA, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a AS-PG, Galiza Nova, a Liga Estudantil Galega, Plataforma en defensa dos Servizos Sociais Públicos, Galiza Cultura, MEU e Rede Galega de Empresas. Os convocantes denunciaron a reforma da Constitución pactada por PP e PSOE e que, segundo afirmou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, "é desnecesaria, antisocial e antidemocrática".
|