A CIG anuncia mobilizacións contra a reforma neoliberal da Constitución e exixe a convocatoria dun referendo

30 Ago 2011

A Executiva Confederal acordou realizar unha concentración nacional o venres día 2 e celebrar asembleas de delegados/as e concentracións en todas as comarcas o martes 6 de setembro

A Executiva Confederal da CIG vén de acordar convocar mobilizacións contra a reforma do artigo 135 da CE. Unha reforma neoliberal pactada polo PSOE e o PP que limita a capacidade do Estado na súa intervención nas políticas económicas e sociais e que atenta contra a autonomía financeira de Galiza.

A CIG considera ademais que o procedemento seguido para tramitar esta reforma constitucional é absolutamente antidemocrático e reclama a convocatoria dun referendo.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

A CIG manifesta a súa rotunda oposición a que se limite o gasto público por vía constitucional

24 Ago 2011

Considera que é outra medida improvisada do Executivo que afonda no neoliberalismo, seguindo os ditados das potencias económicas europeas e do BCE

A Confederación Intersindical Galega manifesta a súa rotunda oposición á pretensión do goberno de introducir, por vía constitucional, un tope ao gasto público.

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, denuncia que se trata dunha “improvisación máis do Executivo de Zapatero que, en tres anos de crise, non foi quen de pór en marcha políticas propias e que se limitou a satisfacer as exixencias do capital financiero, das potencias europeas, Alemaña e Francia e do BCE, afondando no modelo económico neoliberal, responsábel da actual situación económica”.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Nomeación Axentes da Facenda Pública (convocatoria 2009)

24 Ago 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Promoción,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

No BOE de hoxe saliu, por fin, a nomeación dos Axentes de Facenda Pública (libre e interna) correspondente a convocatoria de 2009.

 

A CIG rexeita a proposta de moderación salarial presentada por CCOO e UGT ao Presidente do goberno

20 Ago 2011

Suso Seixo afirma que "dá a impresión de que quen lles está pagando é a CEOE, en vez dos seus afiliados e afiliadas”

A CIG manifesta o seu total rexeitamento á proposta presentada polos secretarios de CCOO e UGT, en carta dirixida ao Presidente do Goberno español, referida a aceptar un novo acordo de moderación salarial para vindeiros anos, ampliando o período de tres anos que xa contemplaba o Acordo Interconfederal de Negociación Colectiva aínda vixente. Suso Seixo, secretario xeral da CIG, considera que con este tipo de propostas “dá a impresión que quen lles está pagando é a CEOE, en vez dos seus afiliados e afiliadas”.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

A CIG manifesta a súa oposición á proposta de Pérez Rubalcaba de moderar aínda máis os salarios

10 Ago 2011

Considera ademais que a proposta de flexibilizar os contratos a tempo parcial ten como único obxectivo proporcionar man de obra barata ao empresario á súa libre disposición

O ex- vicepresidente do goberno e actual candidato socialista, Alfredo Pérez Rubalcaba, instaba onte ao Executivo, a patronal e sindicatos a sentarse a negociar un novo pacto en política de rendas co obxectivo de moderar aínda máis os salarios para, teoricamente, favorecer a creación de emprego e a competitividade.

Para a CIG, esta proposta insírese nas políticas que vén aplicando o PSOE, que pretende que sexan as e os traballadores quen paguen a crise; favorece exclusivamente ás empresas, que poderán seguir incrementando os seus beneficios, e non redundará na creación de emprego.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Cursos de formación forGA 2011

09 Ago 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre os cursos de formación da CIG.

 

Pagamento axudas Acción Social

03 Ago 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Nos pasados días foron disponibilizadas na Intranet as resolucións polas cuais foron concedidas ou denegadas as axudas de Acción Social correspondentes a "Desarrollo educativo" e "Estudio y cualificación profesional", xunto con un anexo informativo das axudas pagadas e das denegadas. As axudas concedidas xa foron incluídas no ordenado do mes de xullo.

A seguir disponibilizamos toda a información.

 

As "xoias" do Sr. Rosell , Presidente da CEOE, e as súas receitas para sair da crise

03 Ago 2011

María Carme López Santamariña
Secretaria Nacional CIG-Admon Pública

Nestes días de atrás o Sr. Rosell facía responsables desta crise aos funcionarios, parados, contribuíntes ou estudantes, ofrecéndonos as súas receitas máxicas para saír dela.

Resumo algunha das " xoias", ditas polo Sr. Rosell, tomando como fontes distintos xornais e medios de comunicación  do día 18 de xullo de 2011:

Full story »