A CIG fai un chamamento aos seus afiliados/as para que participen nos actos do Día da Patria Galega |
|
| 18 Jul 2011 |
A soberanía nacional cobra máis importancia este 25 de xullo pola necesidade de ter competencias para enfrontar a actual crise económica A Confederación Intersindical Galega fai un chamamento a todos os seus afiliados/as e simpatizantes para que participen nas mobilizacións que se desenvolven o vindeiro 25 de xullo, Día da Patria Galega, en Santiago de Compostela. A central nacionalista anima tamén os seus militantes a apoiar coa súa presenza todos actos que se celebran nestas datas para reivindicar a soberanía nacional, a xustiza social e a solidariedade.
|