O último do goberno 'socialista' grego: vai privatizar até a Axencia Tributaria |
|
| 17 Jul 2011 |
O primeiro ministro grego, Yorgos Papandréu, estuda privatizar a recadación fiscal dos maiores debedores do país ante o temor de que a corrupción na administración estea freando o cobro de impostos. Esa é a escusa para privatizar. Nunha entrevista realizada polo rotativo económico alemán "Financial Estafes Deutschland", Papandréu explica que no seu afán por sanear as contas públicas o fisco heleno vai concentrarse no grupo de principais morosos, "unhas 14.000 persoas que deben ao Estado ao redor de 36.000 millóns de euros en impostos". ... "Probablemente encargaremos esta tarefa a empresas privadas porque temos a impresión de que o aparello recadador (estatal) non pode facer iso e porque nesta tarefa non se mostrou moi competente", agrega Papandréu. O primeiro ministro xustifica ademais a adopción desta atípica medida en que en Grecia hai outros 900.000 contribuíntes que deben ao Estado ata 1.000 millóns de euros por persoa. "Unha tarefa tan grande", razoa Papandréu, levaríalle ao fisco heleno "uns trinta anos". O político socialista recoñece que Grecia "non ten unha axencia tributaria como os países do norte (de Europa)", cunha boa organización, unha regulamentación clara e capacidade para implementar o seu mandato. "O sector público é moi burocrático e pouco transparente. É tamén necesaria unha reforma da administración, que chegue moi profundo, e que cambie a mentalidade de fondo", apostila Papandréu na entrevista. A fraude fiscal na actualidade roza o 160 por cento do seu Produto Interior Bruto ( PIB ), segundo datos do Banco Central Europeo (BCE). A aplicación de severos programas de axuste contra os traballadores é a condición básica para que Grecia reciba os próximos tramos do seu primeiro rescate e para que se pechen en breve os detalles do seu segundo plan de axuda financeira.
|