Información recoñecimentos médicos AEAT

29 Jul 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos info sobre sobre os recoñecimentos médicos deste ano. Se precisardes algunha información adicional, contactai conosco.

 

Convocatoria cursos Idiomas - Plano Formación Continua AEAT 2011

29 Jul 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre os cursos de Idiomas do Plano de Formación Continua da AEAT para 2011. O prazo de apresentación de instancias finda no dia 15 de setembro. A inscrición será realizada através da Intranet seguindo a seguinte rota: "Intranet-Formación-Cursos de realización voluntaria-Cursos de idiomas extranjeros.."

Os compañeiros que non tiveren aceso á Intranet tamén poden apontarse apresentando un escrito, por rexistro, solicitando o curso que lles interese (para vos facilitarmos as cousas, disponibilizamos tambén modelo de escrito).

 

Adxudicación definitiva Painel VA 2011P03

21 Jul 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos os listados con a adxudicación definitiva das vagas de "painel" para Vixilancia Aduaneira 2011P03.

 

Silencio informativo sobre Islandia. Por que?

21 Jul 2011

Se alguén cre que non hai censura na actualidade, que me diga se así como soubo todo o que pasa en Exipto, porque os xornais non dixeron nada de nada sobre o que pasa en Islandia:

En Islandia, o pobo fixo dimitir un goberno ao completo, nacionalizáronse os principais bancos, decidiuse non pagar a débeda que estes crearon con Gran Bretaña e Holanda a causa da súa mala política financeira e acábase de crear unha asemblea popular para reescribir a súa constitución.

Full story »

 

A CIG fai un chamamento aos seus afiliados/as para que participen nos actos do Día da Patria Galega

18 Jul 2011

A soberanía nacional cobra máis importancia este 25 de xullo pola necesidade de ter competencias para enfrontar a actual crise económica

A Confederación Intersindical Galega fai un chamamento a todos os seus afiliados/as e simpatizantes para que participen nas mobilizacións que se desenvolven o vindeiro 25 de xullo, Día da Patria Galega, en Santiago de Compostela.

A central nacionalista anima tamén os seus militantes a apoiar coa súa presenza todos actos que se celebran nestas datas para reivindicar a soberanía nacional, a xustiza social e a solidariedade.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Proposta adxudic destinos Axentes Facenda Pública (convocatoria 2009)

18 Jul 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Promoción,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A AEAT acaba de nos facilitar a proposta de adxudicación de destinos para os novos Axentes de Facenda Pública, tanto de libre coma de promoción interna, da convocatoria do 2009.

Se quiserdes mais info ou aceso aos listados é só contartardes conosco.

 

O último do goberno 'socialista' grego: vai privatizar até a Axencia Tributaria

17 Jul 2011

O primeiro ministro grego, Yorgos Papandréu, estuda privatizar a recadación fiscal dos maiores debedores do país ante o temor de que a corrupción na administración estea freando o cobro de impostos. Esa é a escusa para privatizar.

Nunha entrevista realizada polo rotativo económico alemán "Financial Estafes Deutschland", Papandréu explica que no seu afán por sanear as contas públicas o fisco heleno vai concentrarse no grupo de principais morosos, "unhas 14.000 persoas que deben ao Estado ao redor de 36.000 millóns de euros en impostos".

Full story »

 

Listado provisorio Painel SVA

13 Jul 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos o listado provisorio do Painel de Vixilancia Aduaneira. Lembrai que há un prazo de tres días para renuncias ou reclamacións.

 

Reunión con o novo Diretor Xeral da AEAT

12 Jul 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa da nosa reunión con o novo Diretor Xeral da AEAT.

 

Convocatorias procesos selectivos AEAT

11 Jul 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Promoción,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre as convocatorias de procesos selectivos da AEAT, que sairon publicadas no BOE de hoxe.

 

Nomeación CTH (interna e libre) - Convocatoria 2009

11 Jul 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Promoción,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

No BOE de hoxe foron publicadas as nomeacións dos novos compañeiros do Corpo Técnico de Facenda, tanto de libre quanto de interna, correspondente á convocatoria de 2009.

 

Oferta vagas Axentes Tributarios (promoción interna e libre) - Convocatoria 2009

06 Jul 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Promoción,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Acaba de ser disponibilizada na Intranet a oferta de vagas para os novos Axentes da Facenda Pública que aprobaron na convocatoria de 2009 (interna e libre).

 

Escrito queixa vagas "Panel Vixilancia Aduaneira"

05 Jul 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos o escrito de queixa apresentado pola CIG en relación á convocatoria das vagas do Painel para Vixilancia Aduaneira.

 

Convocatoria vagas "Painel VA"

01 Jul 2011

A seguir disponibilizamos a convocatoria de vagas de "painel" para Vixilancia Aduaneira que nos acaban de remitir de Recursos Humanos. No día de hoxe tentarán que estexa disponível na Intranet. O prazo de apresentación de instancias acaba no día 8 de xullo.

Disponibilizamos tamén o escrito que apresentamos hai días, tanto a Recursos Humanos como a Vixilancia Aduaneira, para que fosen ofertadas todas as vagas das Bases de VA da Galiza. Estamos en contato con Vixilancia Aduaneira para que nos den as explicacións a respeito, pois só son ofertadas vagas en Vigo (para C1) e en Muros (para A2).

  • Oferta vagas painel VA [PDF | 1.9 MB]
  • Escrito CIG AEAT [PDF | 382 KB]
  •