Aprobados Axentes Facenda Pública e CTH (promoción interna-conv 2010) |
|
| 29 Jun 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 No BOE de hoxe tendes a relación de aprobados dos Axentes de Facenda Pública e do Corpo Técnico por promoción interna, correspondente á convocatoria de 2010.
|
Listados definitivos Painel Axentes Facenda Pública |
|
| 29 Jun 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 Informamos que já están a ser disponibilizados o listados definitivos do Concurso-painel de Axentes de Facenda Pública. Até 24 de xuño houbo prazo para renunciar. Calquer cousa contatai connosco! |
Pagas extras e complementos 2011 |
|
| 22 Jun 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir recuperamos um ficheiro aclaratorio sobre as retribuicións en 2011. Lembrai que, de acordo coa Lei de Presupostos do Estado para 2011, hai unha redución das contías do salario base e nos trienios a respeito dos pagamentos ordinarios. Aproveitamos tamén para incluir a relación de complementos específicos segundo os tramos de carreira administrativa.
|
Listados provisorios Painel Axentes Facenda Pública |
|
| 20 Jun 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 Informamos que já están a ser disponibilizados o listados provisorios do Concurso-painel de Axentes de Facenda Pública. Até 24 de xuño há prazo para renunciar.
|
Área Pública da CIG manifesta o desacordo coa decisión do TC e continuará na luita pola defensa dos direitos dos traballadores |
|
| 15 Jun 2011 |
Diante do aval do Tribunal Constitucional ao corte salarial aplicado ás empregadas e empregados das administracións A Área Pública da CIG vén de anunciar que continuará adiante co defensa dos direitos das empregadas e empregados públicos e na luita contra os cortes que nos últimos tempos vén padecendo este colectivo. A afirmación chega depois de se coñecer o auto do Tribunal Constitucional polo cual non admite a trámite a cuestión de inconstitucionalidade promovida pola Sala do Social da Audiencia Nacional en relación coa aplicación da rebaixa salarial aos/ás traballadores/as da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre e Real Casa da Moeda (FMNT-RCM).
|
Datas e horarios da Marcha Galega polo Emprego |
|
| 14 Jun 2011 |
Rumo a Santiago de Compostela A Marcha Galega polo Emprego [web especial] que organiza a Confederación Intersindical Galega finalizará cunha manifestación nacional en Santiago de Compostela o vindouro 3 de xullo. Días antes os participantes patirán das distintas comarcas para percorrer a pé a distancia até a capital da Galiza. Consulta a continuación os lugares de saída, as datas e os horarios.
|
Horario de verao 2011 |
|
| 14 Jun 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos nota informativa sobre o horario de verao, que comeza a partir desta quinta-feira ("xoves"), dia 16 de xuño, e finaliza no dia 15 de setembro (incluído).
|
Novo diretor xeral da AEAT |
|
| 13 Jun 2011 |
No BOE deste pasado sábado tendes o cesamento do diretor xeral da AEAT que pasa a ser secretario de Estado de Facenda. O novo diretor xeral da AEAT é Jose Mª Messeguer Rico, que até agora ocupaba a vaga de diretor do Departamento de Recadación. |
Acción Social (info e prazos) |
|
| 10 Jun 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a reunión de onte de Acción Social. Lembrai que nos próximos dias finaliza algún dos prazos das axudas. |
Aprobados especialidade tributaria no BOE |
|
| 10 Jun 2011 |
No BOE de hoxe foran publicadas as resolucións cos aprobados da especialidade tributaria. A seguir disponibilizamos a ligazón para ler ou descarregar as ditas resolucións:
|