Novidades concursos de Vixilancia Aduaneira (Axentes e Corpo Executivo) |
|
| 19 Mai 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 Infórmannos de concursos que mañá, a última hora, teñen previsto facilitar un novo listado dos concursos de Vixilancia Aduaneira, após o peche do prazo de renuncias (lembrai que acabou o venres pasado). No momento que tivermos esse listado xa o enviaremos aos vosos correos-e. Tamén, despois da queixa que apresentou a CIG por escrito, facilitáronnos a documentación relativa ao epígrafe de "Trabajo desarrollado" dos concursantes. Está previsto que a reunión da Comisión de Valoración sexa a semana que vén (24 e 25 de maio), circunstancia que confirmaremos cando recebermos a convocatoria.
|