Axudas redución xornada coidado fillos

18 Mai 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Infórmamos que hoxe 18 de maio de 2011, foi publicada no DOG, a convocatoria da Secretaría Xeral de Igualdade pola cual son reguladas as axudas económicas para aqueles traballadores e familias monoparentais, que entre 1 de setembro de 2010 e 30 de abril de 2011 se acolleran a unha redución da súa xornada laboral por coidado de fillo/a.

O prazo para a apresentación da petición será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG (Prazo: de 19 de maio a 20 de xuño).