BOE publica aprovados Axentes e Corpo Técnica da convocatoria libre de 2010 |
|
| 27 Mai 2011 |
No BOE de hoxe foran publicadas as relacións de Axentes da Facenda Pública e do Corpo Técnico de Facenda, correspondentes á convocatória de 2010.
|
Convocatorias oposicións Admón Xeral do Estado |
|
| 26 Mai 2011 |
No día de hoxe foran publicadas no B.O.E. as convocatorias das seguintes oposicións:
Lembrai que hai un prazo de 20 días corridos para apresentar a instancia.
|
Concursos de Vixilancia Aduaneira (Axentes e Corpo Executivo) |
|
| 25 Mai 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 No día de hoxe ficaran pechados os concursos de Vixilancia Aduaneira (Axentes e Corpo Executivo). Temos á vosa disposición a relación de adxudicatarios das vagas da Galiza, ben como os listados "definitivos" (á espera de seren publicados no B.O.E.). |
Info Mesa de Acción Social |
|
| 19 Mai 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos información sobre a reunión da Mesa de Acción Social, que tivo lugar hoxe. Nestes días facilitárannos, en papel, os formularios para o pedido das axudas. Quem precisar pode contatar connosco.
|
Novidades concursos de Vixilancia Aduaneira (Axentes e Corpo Executivo) |
|
| 19 Mai 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 Infórmannos de concursos que mañá, a última hora, teñen previsto facilitar un novo listado dos concursos de Vixilancia Aduaneira, após o peche do prazo de renuncias (lembrai que acabou o venres pasado). No momento que tivermos esse listado xa o enviaremos aos vosos correos-e. Tamén, despois da queixa que apresentou a CIG por escrito, facilitáronnos a documentación relativa ao epígrafe de "Trabajo desarrollado" dos concursantes. Está previsto que a reunión da Comisión de Valoración sexa a semana que vén (24 e 25 de maio), circunstancia que confirmaremos cando recebermos a convocatoria.
|
Axudas redución xornada coidado fillos |
|
| 18 Mai 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 Infórmamos que hoxe 18 de maio de 2011, foi publicada no DOG, a convocatoria da Secretaría Xeral de Igualdade pola cual son reguladas as axudas económicas para aqueles traballadores e familias monoparentais, que entre 1 de setembro de 2010 e 30 de abril de 2011 se acolleran a unha redución da súa xornada laboral por coidado de fillo/a. O prazo para a apresentación da petición será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG (Prazo: de 19 de maio a 20 de xuño).
|
Sobre os novos cortes salariais para os servidores públicos |
|
| 13 Mai 2011 |
A seguir disponibilizamos nota informativa sobre os posíbeis novos cortes salariais, ben como ligazón para as declaracións da Secretaria do Estado de Función Pública sobre ese tema (moi interesantes, por certo...) que podeis ver en "La Voz de Galicia".
|
Prazos axudas Acción Social |
|
| 12 Mai 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos nota informativa para non esquecer que a 15 de maio (melhor a 16, xa que 15 é domingo) finalizan os prazos para solicitar algunhas axudas de Acción Social e comezan uns novos para axudas de saúde.
|
Listados concursos Vixilancia Aduaneira |
|
| 10 Mai 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos nota informativa sobre os concursos de Vixilancia Aduaneira (axentes e corpo executivo). Xá temos os listados corrixidos que nos facilitou Recursos Humanos, se quixerdes ter aceso aos mesmo é só contatardes connosco. Lembrai que o prazo de renuncias remata neste próximo 13 de maio, ás 24 horas.
|
Concursos Vixilancia Aduaneira (Axentes e Corpo Executivo) |
|
| 06 Mai 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 Para a próxima terza feira (martes), día 10 de maio, está prevista a constituición das Comisións de Valoración dos concursos de Vixilancia Aduaneira (tanto de Axentes cuanto do Corpo Executivo). Esperamos que nos faciliten os primeiros listados coas puntuacións.
Xa vos iremos informando das novidades que houver. |