CIG-AEAT sobe cinco representantes nas eleicións entre o persoal funcionario

28 Abr 2011

Con 11 representantes, a CIG é a primeira forza sindical na Galiza

Hoxe, 28 de abril tivemos as eleicións na Axencia Tributaria, onde eran eleitos as/os representantes das distintas Xuntas de Persoal. A CIG subiu en 5 delegados (3 na Coruña, 1 en Pontevedra e mais un en Ourense), tendo un total de 11 entre as catro Xuntas de Persoal.

A falta de dados pormenorizados, que enviaremos en breve, podedes ver os resultados xerais na Galiza no pdf que disponibilizamos a seguir.