CIG-AEAT sobe cinco representantes nas eleicións entre o persoal funcionario |
|
| 28 Abr 2011 |
Con 11 representantes, a CIG é a primeira forza sindical na Galiza Hoxe, 28 de abril tivemos as eleicións na Axencia Tributaria, onde eran eleitos as/os representantes das distintas Xuntas de Persoal. A CIG subiu en 5 delegados (3 na Coruña, 1 en Pontevedra e mais un en Ourense), tendo un total de 11 entre as catro Xuntas de Persoal. A falta de dados pormenorizados, que enviaremos en breve, podedes ver os resultados xerais na Galiza no pdf que disponibilizamos a seguir.
|
Axudas Muface 2011 |
|
| 27 Abr 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos información sobre as axudas de Muface que foron publicados nestes días no BOE. Nas axudas de atención a pesoas idosas e outros coletivos hai novidades a respeito de outros anos, pois hai axudas para doentes oncolóxicos (por exemplo, compra de próteses capilares) e tamén para celíacos.
|
Retribucións funcionariado 2011 (pagas extras e complementos) |
|
| 25 Abr 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos um ficheiro aclaratorio sobre o que cobraremos nas pagas extras. Lembrai que, de acordo coa Lei de Presupostos do Estado para 2011, hai unha redución das contías do salario base e nos trienios a respeito dos pagamentos ordinarios. Aproveitamos tamén para incluir a relación de complementos específicos segundo os tramos de carreira administrativa.
|
Queixa apresentación axudas Acción Social |
|
| 19 Abr 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos o escrito que acabamos de apresentar en relación aos problemas para apresentar as axudas do Plano de Acción Social deste ano. Lembrai que temos, para quen o precisar, as instancias en papel.
|
Día Internacional da Clase Traballadora |
|
| 18 Abr 2011 |
![]() 1º de Maio: Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos A Confederación Intersindical Galega celebra o Día Internacional da Clase Traballadora con nove manifestación nas principais cidades do país, ademais de en Viveiro e Ribeira. A central nacionalista conmemora un novo 1º de Maio, nesta ocasión baixo o lema "Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos", e anima á cidadanía galega a participar nas distintas mobilizacións.
|
Candidaturas da CIG-AEAT para as eleicións sindicais 2011 |
|
| 15 Abr 2011 |
28 de abril, eleicións sindicais na Axencia Tributaria A seguir informamos das candidaturas apresentadas pola CIG às próximas Eleicións Sindicais na Axencia Tributaria. Acompañamos também o tríptico xeral informativo para estas eleicións:
|
Info Plano Acción Social 2011 |
|
| 14 Abr 2011 |
Como xa adiantabamos hai uns días, xa tendes na Intranet o Plano de Acción Social para 2011. A seguir disponibilizamos aqui a información. Temos tamén á vosa disposición, para os que non puderen apresentar as instancias pola intranet, as instancias en papel das convocatorias para as quais comeza o prazo no dia 15 de abril ("desarrollo educativo e "estudio y cualificación de los empleados"). Se alguén as precisar, é só contatar connosco e facémosllas chegar.
|
Iniciativas da CIG nova Lei Contrabando |
|
| 09 Abr 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos ligazóns para diferentes xornais que publicaran unha información da CIG falando da tramitación da nova Lei de Contrabando en que o Goberno quer deixar sen a consideración de Policía Xudicial ao SVA. |
Convenio Aduanas-Marina Mercante |
|
| 09 Abr 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos copia do convenio asinado entre Aduanas e a Dirección de Mariña Mercante.
|
Prazos axudas Acción Social 2011 |
|
| 07 Abr 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir diponibilizamos nota informativa sobre a abertura de prazos para a apresentación dalgunhas axudas de Acción Social. Estai atentos á Intranet, pois nos próximos días vai ser pendurado o Plano de Acción Social de 2011.
|