CIG mobilizarase en Madrid en 5 de abril contra as reformas do Goberno e polo direito a decidir as condicións laborais

22 Mar 2011

A manifestación está convocada de xeito conxunto coa maioría sindical vasca e agárdase tamén a participación de organizacións cataláns e canarias

A Confederación Intersindical Galega e a maioría sindical basca van desenvolver unha manifestación o vindouro 5 de abril en Madrid en contra das reformas do goberno (concretamente a reforma das pensións e da negociación colectiva) e na defensa do direito a decidir nos propios territorios as condicións laborais e sociais.

...

Na marcha agárdase que participen arredor de 3.500 delegados e delegadas de todas as organizacións sindicais, dos/as cais uns 1.200 serán representantes sindicais da CIG. Sairá das inmediacións do campo de futebol Santiago Bernabeu e findará diante do Ministerio do Traballo e Imigración.

Voto particular de CIG e ELA no Consello Económico e Social

ELA e a CIG apresentarán un voto particular ao ditame sobre o anteproxecto de lei de reforma das pensións que se debate mañá no CES, a través do que manifestan o rexeitamento á modificación e denuncian o que acarretará para moitos traballadores e traballadoras esta reforma: dificultar o acceso ás pensións e unha caída nas contías das mesmas.

Mais info: xornal dixital Avantar