CIG edita un folleto explicativo sobre a reforma das pensións con motivo do Día da Clase Obreira Galega

03 Mar 2011

A central nacionalista chama á mobilización este 10 de marzo contra os ataques do capital

A Confederación Intersindical Galega acaba de facer público un folleto informativo sobre o pacto social entre Goberno, patronal e sindicatos españois no cual é analisada a reforma das pensións e exemplicada con casos práticos o impacto negativo que a súa entrada en vigor terá sobre a clase traballadora.

...

Da central nacionalista chaman a mobilizarse este 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, para frear os ataques do capital.

Para a CIG o acordo asinado entre o Goberno, a patronal e os sindicatos españois maioritarios compromete máis reformas que a das pensións: acordan desmobilizar a clase traballadora para que o Goberno continue a fazer reformas a favor do capital nun contexto pacificado, sen oposición social.

Reducen as pensións. Promoven a contratación masiva parcial e precaria sen custos de Seguranza Social ás empresas. Inician a reforma da negociación colectiva para centralizala en Madrid e que a clase traballadora non poda decidir sobre os seus convenios. Mais, polo contrario, non reforman o sistema fiscal para as grandes fortunas, os paraísos fiscais e a imensa fraude dos beneficios empresariais.

O 10 de marzo de 1972 a clase traballadora galega luitou contra a ditadura, con centos de detidos, feridos e dous mortos (Amador e Daniel), conseguindo que os convenios fosen negociados aquí, vencendo ao sindicalismo vertical. Agora UGT e CCOO retroceden os nosos direitos 39 anos.