Centos de delegados/as da CIG mobilízanse en Vigo, A Coruña e Ferrol en defensa das pensións públicas |
|
| 17 Fev 2011 |
A central continuará coas protestas e non descarta convocar unha manifestación en Madrid coincidindo co trámite parlamentario da reforma Centos de delegados e delegadas da CIG saíron hoxe á rúa en Vigo, A Coruña e Ferrol no contexto da campaña que a central está a desenvolver en todas as comarcas do país en defensa do emprego e contra a reforma do sistema público de pensións. As mobilizacións tiveron lugar despois das asembleas organizadas para valorar a folga xeral do pasado 27 de xaneiro, analizar o pacto social entre Goberno e sindicatos españois e abordar a convocatoria de novas mobilizacións, entre as que non se descarta unha manifestación en Madrid en abril, coincidindo coa tramitación parlamentaria da reforma das pensións.
|
CIG-AEAT apresenta escrito-queixa sobre a permisión para exames |
|
| 17 Fev 2011 |
A seguir disponibilizamos escrito de queixa apresentado pola CIG AEAT sobre a "nova interpretación" da AEAT para a permisión de asistencia a exames.
|