CIG-AEAT apresenta propostas para o plano de formación continua de 2011

28 Jan 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos o escrito apresentado pola CIG AEAT coas propostas para o plano de formación continua de 2011.

 

Acción Social 2011 e mais

28 Jan 2011

Como ponto previo da reunion de onten, 27 de xaneiro, foi-nos entregue a memoria do gasto de Acción Social de 2010. Do crédito inicial temos un sobrante de 200.269 € que se devolveron ao Tesouro.

Do ano 2010 ficam pendentes de pagar aproximadamente 215.000 € en axudas que irán con cargo ao orzamento de 2011. Este pagamento irá no ordenado de febreiro e serán para pagar aquelas axudas que ficaran do mes de decembro, asi como as correcións e rectificacións que foran admitidas no dito mes.

Para o orzamento de 2011, aínda en princípio só se contaba con 7.000.000€ para Acción Social, mais a propria direcion da Axencia fixo unha modificación orzamentar (donde veu o diñeiro?), elevando o montante para 9.329.000 €, que son, aproximadamente, 5% menos do que no 2010.

Ficou na agenda falarmos do Plano de Acción Social de 2011 nos días 8 e 9 de febereiro, esperamos que nos fagades chegar as vosas propostas ao respeito.