Rascuños Concursos de Vixilancia Aduaneira

31 Jan 2011

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

Disponibilizamos rascuños ("borradores") dos concursos de Axentes (2011 A01) e do Corpo Executivo de Vixilancia Aduaneira (2011 A02) que proximamente serán publicados no BOE. Se precisardes algunha aclaración, contactai connosco.

 

CIG-AEAT apresenta propostas para o plano de formación continua de 2011

28 Jan 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos o escrito apresentado pola CIG AEAT coas propostas para o plano de formación continua de 2011.

 

Acción Social 2011 e mais

28 Jan 2011

Como ponto previo da reunion de onten, 27 de xaneiro, foi-nos entregue a memoria do gasto de Acción Social de 2010. Do crédito inicial temos un sobrante de 200.269 € que se devolveron ao Tesouro.

Do ano 2010 ficam pendentes de pagar aproximadamente 215.000 € en axudas que irán con cargo ao orzamento de 2011. Este pagamento irá no ordenado de febreiro e serán para pagar aquelas axudas que ficaran do mes de decembro, asi como as correcións e rectificacións que foran admitidas no dito mes.

Para o orzamento de 2011, aínda en princípio só se contaba con 7.000.000€ para Acción Social, mais a propria direcion da Axencia fixo unha modificación orzamentar (donde veu o diñeiro?), elevando o montante para 9.329.000 €, que son, aproximadamente, 5% menos do que no 2010.

Ficou na agenda falarmos do Plano de Acción Social de 2011 nos días 8 e 9 de febereiro, esperamos que nos fagades chegar as vosas propostas ao respeito.

 

Campaña de Renda 2010

26 Jan 2011

A Administración apreséntanos unha proposta para a Campaña da Renda similar ao do ano 2007, cun corte de 5% nas retribucións.

Ademáis, infórmanos que o atendimento personalizada ao contribuinte será realizado de 3 de maio até 30 de xuño, sendo que no mes de abril só serán atendidos rascuños (borradores) por telefone ou internet.

O obxectivo da Administración é que os 144.000 contribuíntes que o ano pasado foron atendidos no mes de abril sejan atendidos este ano nos meses de maio e xuño, ben sexa abrindo máis tardes ou ben abrindo algúns sábados, ainda sen determinar.

Pola nosa parte fixemos constar que é preciso actualizar as verbas económicas, dar máis formación, regular os horarios e folgas dos traballadores con PVD, etc. Estas propostas serán apresentadas (mais unha vez) por escrito á Administración.

A seguir disponibilizamos a proposta apresentada pola Administración.

 

Algunhas cuestións de Recursos Humanos

26 Jan 2011

Comos sabemos que há muitos/as compañeiros/as esperando para tomar pose de diversas vagas "gañadas" por promoción interna e tamén todos estamos esperando polos poseis concursos "prometidos", fixemos as oportunas consultas en Madrid, e este é o resultado:

* Toma de pose de promoción interna/libre:

- En febereiro entrarán en práticas os novos Axentes de Vixilancia Aduaneira.
- Resto: non teñen nengunha previsión (ou non a queren dicer).

* Concursos:

- De momento queren resolver o do CTH e calculan que para marzo poderán comezar a traballar no resto dos concursos previstos (Axentes Tributarios, Axentes V.A., Auxiliares e Xeral Administrativo).

* Carreira administrativa:

- De momento non saben o que van facer. Está todo paralisado.

 

Info sobre a Comisión de Valoración do Concurso 2010A03 (CTH)

25 Jan 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

Hoxe reunimos en Comisión de Valoración e, como marca a propia Administracion, o prazo para as renuncias acaba en tres dias, finalizando no dia 28 ás 24:00 horas.

A partir de amañá de mañá podereis aceder às listaxes e as suas atualizacións através da intranet ou ben podeis contatar connosco.

Full story »

 

CIG AEAT apresenta queixa relativo á non convocatoria da mesa de SVA

24 Jan 2011
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos escrito de queixa apresentado pola CIG AEAT relativo á non convocatoria da mesa de seguimento de Vixilancia Aduaneira.

 

CIG AEAT pede cursos de formación para o acesso ao subgrupo C1

23 Jan 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos escrito apresentado pola CIG AEAT ante Recursos Humanos relativo a inexistencia, no Plano de Formación Continua da AEAT, de cursos de formación para o aceso ao subgrupo C1, desde corpos e escalas do subgrupo C2 para aqueles funcionarios que, carecendo da titulación necesaria, optaren por promocionar segundo o estabelecido na Disposición Adicional 22 da lei 30/84.

 

Concurso CTH: renuncias e bases do plano Concilia

22 Jan 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

O próximo día 25 de xaneiro vaise constituir a Comisión de Valoración do Concurso 2010A03 (CTH), portanto, atendendo às bases, comeza a contar o prazo para as posíbeis renuncias: o prazo para as renuncias finaliza ás vintecatro horas do día 28 de xaneiro (terceiro día seguinte ao da constitución da Comisión de valoración). Tédeo en conta se quiserdes renunciar a calquer vaga.

Disponibilizamos a proposta que fai a Administración a respeito das bases do plano Concilia para o dito concurso.

 

Reformando o Sistema Público de Pensións

20 Jan 2011

A maior parte das reformas efectuadas no sistema público de pensións, trouxeron como consecuencia un endurecimento das condicións estabelecidas para o cálculo das mesmas, o que provocou unha rebaixa na pensión resultante.

Full story »

 

1 2 >>