Contra “as políticas que imporán un retroceso social e laboral de 60 anos” |
|
| 29 Dez 2010 |
Convocatoria contra unha reforma das pensións que só beneficiará o capital financeiro A Confederación Intersindical Galega anunciou esta mañá a convocatoria de greve xeral para o vindouro 27 de xaneiro en contra das políticas “anticrise” adoptadas polos gobernos, nomeadamente a pretensión de reformar o sistema público de pensións, que o secretario xeral cualificou como “o maior ataque aos direitos da clase traballadora desde o franquismo”. A CIG animou CCOO e a UGT a se somarem á convocatoria, que coincide no tempo con a greve anunciada polos sindicatos bascos, e adiantou que está disposta a flexibilizar a data para consensuar un día común, co obxecto de fortalecer a resposta social. En todo o caso, a convocatoria de greve xeral realizarase antes de 28 de xaneiro, xornada marcada polo goberno español para aprobar a súa proposta de reforma das pensións.
|
Info sobre a Campanha de Renda 2010 |
|
| 22 Dez 2010 |
A seguir disponibilizamos nota de imprensa sobre mesa da campaña de renda 2010. Adiantamos que cuanto ao acordo propiamente dito, non será ate a segunda quincena de xaneiro cuando a Administración comece a “negociar”.
|
Convocatoria concursos MEH no BOE |
|
| 21 Dez 2010 |
No BOE de onten, dia 20 de decembro, foran publicadas ordens polas cais son convocados concursos específico e xeral para a provisión de postos de traballo para funcionarios dos subgrupos A1, A2, C1 e C2. A seguir disponibilizamos as ligazóns para poder consultar e/ou descarregar ditas ordens do boletim:
|
Federacións da área pública da CIG anuncian mobilizacións contra os orzamentos da Xunta e do Estado |
|
| 17 Dez 2010 |
As federacións da área pública da CIG manifestaron, en rolda de prensa, o seu rotundo rexeitamento ás medidas anunciadas tanto polo goberno español, como pola Xunta de Galiza, para enfrontar a crise económica. Por iso anunciaron a convocatoria de novas mobilizacións que terán lugar os días 21 de decembro, ás 11:30 h diante do Parlamento de Galiza, en Compostela, e 22 de decembro diante da Delegación do Goberno en Galiza, na Coruña, á mesma hora, baixo o lema “En defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos”. |
Estado español: A quen benefician as últimas medidas económicas do Goberno? |
|
| 17 Dez 2010 |
Por Miguel Ángel Luque O caos aeroportuario e o estado de alarma impediron un debate sosegado sobre as últimas medidas aprobadas e anunciadas polo Goberno co repetido propósito de dar confianza aos mercados, fomentar a actividade empresarial e o emprego e baixar os impostos, medidas que en realidade constitúen un novo retroceso do Estado do benestar ante a presión da oligarquía política-económica-bancaria que se esconde detrás diso que chaman “os mercados”. |
AEAT impón bases para o próximo concurso de Axentes |
|
| 16 Dez 2010 |
A seguir disponibilizamos as bases para o próximo concurso de Axentes Tributarios que está próximo a publicarse no BOE. Lembrarvos que estas bases son impostas pola Administración, non houbo ningunha clase de negociación con os sindicatos. Deron a conhecer tambén as vagas que irán ser convocadas e que disponibilizamos igualmente (proximamente srán publicadas no BOE).
|
Abertura e feche edifícios AEAT |
|
| 13 Dez 2010 |
A Subsecretaria do Ministerio da Economia do Goberno español, acaba de aprobar unha instrución pela cual estabelece o novo horario de abertura e feche dos edificios dos servizos territorias do dito Ministerio. Argumentando políticas de austeridade e con a finalidade de reduzir custos no consumo de enerxía, desde xá foi marcado os horarios que seguen, conforme as horas vixentes no Reino de España:
|
A CIG rexeita o novo pacote de medidas anunciadas por Zapatero que inciden nas políticas de recortes e privatizacións |
|
| 03 Dez 2010 |
A central critica que o goberno volva ceder ás presións da oligarquía e apure o desmantelamento do Estado para favorecer o negocio dos especuladores A CIG rexeita o novo paquete de medidas “contra a crise” anunciadas na mañá deste mércores polo presidente do goberno español, xa que continúan na liña das políticas de recorte de dereitos e privatizacións. En palabras do Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, o PSOE volve amosarse como un “fiel defensor do modelo neoliberal”, adoptando políticas que afondan aínda máis nese modelo. |
CIG oponse ao corte de direitos que acarretará a mudanza do sistema de cotización do persoal funcionario anunciado polo goberno español |
|
| 02 Dez 2010 |
A CIG área pública, ante as declaracións realizadas onten polo Presidente do Goberno do Estado español no Pleno do Congreso, a respeito da mudanza do sistema de cotización que até o de agora rexía para a maioría dos/as funcionarios/as públicos/as (Muface, sistema de clases pasivas, etc.), quer manifestar a súa oposición ao corte de direitos adquiridos que implicará a mudanza e adverte das discriminacións entre traballadores/as que se estabalecerán. |
Info sobre a reunión da Comisión Paritaria e da Comisión de Valoración de Acción Social |
|
| 01 Dez 2010 |
A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a reunión da Comisión Paritaria e da Comisión de Valoración de
|