Área Pública da CIG considera un “insulto” que se propoña ligar os salarios dos empregados públicos á produtividade

18 Nov 2010

Consideran que se trata dun “balón sonda” para desprestixiar os servizos públicos para xustificar depois a súa privatización

A Área Pública da CIG (Ensino, Sanidade e Administración) considera un “insulto” que depois da redución de 5% dos salarios, da conxelación da oferta de emprego público e da sobrecarga de traballo que padecen os empregados e empregadas públicos/as, sobre todo en servizos esenciais para a comunidade como Ensino, Sanidade ou Servizos Sociais, se lance agora un “balón sonda” á opinión pública sobre ligar á produtividade os salarios dos empregados e empregadas públicos/as.

...

Quen facía pública esta proposta -que non é a primeira vez que é lanzada- era o vice-presidente terceiro do goberno e ministro de Política Territorial Manuel Chaves. Para María Carme López Santamariña, secretaria nacional de CIG-Administración é aínda máis inadmisíbel, “cando en ningún momento se trasladou aos ámbitos de negociación pertinentes para a súa valoración, debate e tomada en consideración”.

A secretaria nacional de CIG-Administración considera que declaracións como esta implican “un ataque á dignidade e ao traballo do sector público” e agochan a intención de “acabar por exterminalo”.

No mesmo sentido, Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino acrescentou que con este tipo de propostas o que se pretende é pór en cuestión a “profesionalidade dos empregados e empregadas públicos/as” coa finalidade de desprestixiar os servizos públicos para xustificar despois a súa privatización, que é, segundo alerta Louzao, o seu obxectivo último.

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Agosto 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 1
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution free blog software