Manifestacións en todas as comarcas, 18 de novembro, contra as reformas do capital e os orzamentos da Xunta

17 Nov 2010

A CIG chama a continuar mobilizándose para denunciar as políticas regresivas da Xunta de Galiza e do goberno central

A Confederación Intersindical Galega acordou continuar coas mobilizacións, após a greve xeral de 29 de setembro, para exixir a retirada da reforma laboral, para denunciar os regresivos orzamentos da Xunta de Galiza e para frear a reforma das pensións e da negociación colectiva.

A central sindical entende que a clase traballadora só poderá defender os seus direitos e luitar por un novo modelo económico e social máis xusto e solidario como o fixo historicamente, através da mobilización.

As manifestacións están convocadas nas sete cidades, de forma case simultánea e as horas e lugares de saída previstos son:

Coruña: 20h00 - Praza de Vigo

Compostela: 20h00 - Praza Roxa

Ferrol: 20h00 - Avenida de Esteiro (diante do local sindical)

Lugo: 20h30 - Ronda da Muralla (diante do local sindical)

Ourense: 20h00 - Pavillón dos Remedios

Pontevedra: 20h00 - Praza da Ferraría

Vigo: 20h00 - Vía Norte.