Orzamento do Estado para 2011: retribuicións do funcionariado

10 Nov 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre o conteúdo do proxecto de Orzamentos do Estado para o 2011 a respeito das retribuicións dos funcionarios, facendo unha comparativa co establecido no Real Decreto Lexislativo 8/2010.

A nota non fai referencia ás retribucións do persoal laboral, pois o que contempla o proxecto a respeito deste persoal é a conxelación da masa salarial; teremos que esperar ao que se decidir no ámbito do convenio (se se denunciar e se abrir unha nova negociación), para coñecermos si haberá algunha variación a respeito das súas retribuicións.