Reunión con o delegado especial da Galiza

29 Nov 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota inormativoa sobre a reunión mantida na pasada sexta feira con o delegado especial da AEAT na Galiza. Entre os asuntos tratados: a readscrición de tarefas e funcionários na Delegación Especial da Galiza, a produtividade, próximos concursos e as queixas do pesoal de Vixilancia Aduaneira que non ten aceso á intranet.

 

Comisión de Valoración do concurso do subgrupo A1

24 Nov 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa da reunión da Comisión de Valoración do concurso 2009 A 04 (subgrupo A1).

As bases do plano concilia e dos méritos específicos propostas pola AEAT podem ser consultadas aqui.

Os listados do concurso xá están disponíveis. Se alguén quixer consultalos é só falar connosco.

 

Enquisa traballadoras/es Vixilancia Aduaneira

24 Nov 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos info que nos envía a Axencia Tributaria na cual informan dunha enquisa entre o colectivo de Vixilancia Aduanera para coñeceren as preferencias de mobilidade destes traballadores/as. O aceso ao formulario encontrase na "Oficina Virtual" subordinado ao título "Cuestionario Preferencias Localidad CAVA".

 

Plano Concilia e méritos específicos concurso subgrupo A1

23 Nov 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos as bases do Plano Concilia e dos méritos específicos para o concurso 2009 A 04 (subgrupo A1 - inspetores). Ambos os asuntos serán tratados na reunión da Comisión de Valoración que terá lugar amañá, dia 24 de novembro.

 

Área Pública da CIG considera un “insulto” que se propoña ligar os salarios dos empregados públicos á produtividade

18 Nov 2010

Consideran que se trata dun “balón sonda” para desprestixiar os servizos públicos para xustificar depois a súa privatización

A Área Pública da CIG (Ensino, Sanidade e Administración) considera un “insulto” que depois da redución de 5% dos salarios, da conxelación da oferta de emprego público e da sobrecarga de traballo que padecen os empregados e empregadas públicos/as, sobre todo en servizos esenciais para a comunidade como Ensino, Sanidade ou Servizos Sociais, se lance agora un “balón sonda” á opinión pública sobre ligar á produtividade os salarios dos empregados e empregadas públicos/as.

Full story »

 

Manifestacións en todas as comarcas, 18 de novembro, contra as reformas do capital e os orzamentos da Xunta

17 Nov 2010

A CIG chama a continuar mobilizándose para denunciar as políticas regresivas da Xunta de Galiza e do goberno central

A Confederación Intersindical Galega acordou continuar coas mobilizacións, após a greve xeral de 29 de setembro, para exixir a retirada da reforma laboral, para denunciar os regresivos orzamentos da Xunta de Galiza e para frear a reforma das pensións e da negociación colectiva.

A central sindical entende que a clase traballadora só poderá defender os seus direitos e luitar por un novo modelo económico e social máis xusto e solidario como o fixo historicamente, através da mobilización.

As manifestacións están convocadas nas sete cidades, de forma case simultánea e as horas e lugares de saída previstos son:

Coruña: 20h00 - Praza de Vigo

Compostela: 20h00 - Praza Roxa

Ferrol: 20h00 - Avenida de Esteiro (diante do local sindical)

Lugo: 20h30 - Ronda da Muralla (diante do local sindical)

Ourense: 20h00 - Pavillón dos Remedios

Pontevedra: 20h00 - Praza da Ferraría

Vigo: 20h00 - Vía Norte.

 

Orzamento do Estado para 2011: retribuicións do funcionariado

10 Nov 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre o conteúdo do proxecto de Orzamentos do Estado para o 2011 a respeito das retribuicións dos funcionarios, facendo unha comparativa co establecido no Real Decreto Lexislativo 8/2010.

A nota non fai referencia ás retribucións do persoal laboral, pois o que contempla o proxecto a respeito deste persoal é a conxelación da masa salarial; teremos que esperar ao que se decidir no ámbito do convenio (se se denunciar e se abrir unha nova negociación), para coñecermos si haberá algunha variación a respeito das súas retribuicións.