Federación de Administración Pública traslada todo o seu apoio e solidariedade ao compañeiro Jesús Dorado Noya

14 Out 2010

O 18 de outubro haberá unha concentración diante dos xulgados de Ourense para demandar a total exculpación do compañeiro, imputado como consecuencia das accións realizadas durante a folga xeral

A Federación de Administración Pública da CIG quere trasladar todo o seu apoio e solidariedade ao compañeiro Jesús Dorado Noya, imputado xudicialmente como consecuencia da accións desenvolvidas durante a xornada de folga xeral do pasado 29 de setembro.

...

Dende a CIG-Administración considérase que a detención e posterior denuncia contra este compañeiro teñen un carácter arbitrario e son unha nova mostra da persecución contra as actividades desenvolvidas por esta central sindical, no marco dunha folga que significou unha xornada de loita e dignidade para a clase obreira galega.

A CIG-Administración Pública quere manifestar o seu apoio ao compañeiro da federación, Jesús Dorado Noya, quen está imputado xudicialmente como consecuencia das accións sindicais que se realizaron na comarca de Ourense para poder levar adiante a folga xeral do 29 de setembro. Como consecuencia da súa detención, está previsto que o vindeiro 18 de outubro se realice o xuízo penal no que está imputado. Coincidindo coa vista, a CIG-Administración ten convocada unha concentración diante dos xulgados de Ourense ás 10:00 horas en solidariedade e apoio a Dorado Noya.

De igual xeito, a Executiva Federal e a Secretaria Nacional da Federación póñense a disposición tanto deste compañeiro persoalmente como de todos os órganos de dirección Confederais e Federais para colaborar en todas as accións que se fagan a prol de conseguir a total exculpación dos cargos polos que se atopa imputado.

Neste senso, a CIG-Administración considera que a detención deste compañeiro durante a xornada de folga xeral foi arbitraria e unha mostra da persecución sindical á que en moitas ocasións se ten sometido a esta central sindical.

Mais info: xornal dixital Avantar

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Agosto 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 1
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution free blog software