Consecuencias da reforma laboral para os dereitos da clase traballadora

21 Set 2010

29 de setembro: greve xeral

O xornal dixital Avantar acaba de apresentar unha análise pormenorizada das consecuencias que a reforma laboral terá para os nosos dereitos como clase e para as nosas condicións de vida. O traballo foi realizado por Luís Burgos, membro do Gabinete Técnico Confederal da CIG. Unha reforma á que as galegas e galegos temos que dar unha contundente resposta na xornada do 29 de setembro, sumándonos masivamente á folga xeral.

...

En suma, a reforma facilita e abarata o despedimento pois:

- Modifica o despedimento colectivo e obxectivo

- Fai con que o despedimento improcedente sexa mais barato

- Subvenciona os despedimentos a cargo do FOGASA

- Rebaixa do prazo de preaviso nos despedimentos obxectivos

- Xeraliza o novo contrato de fomento da contratación indefinida

- Reforma o despedimento obxectivo por absentismo laboral

Ainda, a reforma fai prevalecer o acordo de empresa sobre o convenio sectorial através de duas vias:

- Acordos de empresa para a modificación substancial das condicións de traballo

- Acordos de empresa para a inaplicación salarial

Finalmente, a dita reforma laboral:

- Outorga mais poder á dirección empresarial

- Non ataca o traballo temporario nem a precariedade laboral

- Privatiza a xestión do desemprego

- Amplia o campo de actuación das empresas de traballo temporario

  • Relatório completo e pormenorizadamente aqui.