Reforma Laboral e o despedimento do persoal laboral fixo das administracións públicas

16 Set 2010

Polo seu interese, a seguir divulgamos na íntegra relatorio do Gabinete Técnico Confederal da CIG a respeito dos posíbeis efeitos da Reforma Laboral no tocante ao despedimento do persoal fixo das administracións públicas.

A Reforma Laboral presenta a cuestión de si é aplicabel ou non nas Administracións Públicas para o persoal laboral fixo, concretamente no caso de despedimento obxectivo individual ou colectivo.

Teoricamente debería ser aplicabel se concorren as causas exixidas. E o feito de que ata agora as Administracións non recorresen a esta vía non quer dizer que non o podan fazer. En cualquer caso, habería que ter en conta as disposicións estabelecidas na lei 7/2007 do Estatuto Básico do Empregado Público, onde a obriga de contar cun Plano de ordenación de Recursos Humanos e as correspondentes RPTs debe afectar non só ao pessoal funcionario senón tamén ao laboral. Pero teoricamente non existe ningún impedimento para que unha Administración ou entidade pública presente un ERE ou acuda a despedimentos obxectivos diante dun déficit económico, actual ou previsto, ou unha diminuición persistente do seu nível de receitas (ingresos).

...

Evidentemente as Administracións Públicas non son empresas e as suas decisións en materia de pessoal teñen outra transcendencia, non só desde o ponto de vista orzamentario senón tamén político. Tanto é así que nas Administracións non se contemplan medidas extintivas, senón medidas organizativas. Pero tal e como están as cousas esta prática poderia mudar e non é para nada descartabel que as Administracións utilicen a nova lexislación sobre o despedimento obxectivo para extinguir postos de trabalho ocupados por pessoal laboral. E o tema seria mais claro ainda no caso de organismos institucionais, fundacións, etc.

Antes poderiase rexeitar un despedimento deste tipo porque a entidade ou administración pública non ten, como pode ser o caso dunha empresa, problemas de viabilidade, mas como agora iso non se cuestiona os déficits ou a queda (caída) persistente de ingressos operam como causas xustificativas do cesamento para o pessoal laboral, non para o funcionário.

Por outra parte, as administracións e entidades públicas tamén poden recorrer ao despedimento obxectivo por causas organizativas, xa que ao non cuestionar a sua viabilidade aceitase como xustificación a implantación de reformas organizativas que supoñan a melhora da entidade. Deste xeito, as Administracións poden recorrer, por exemplo, á privatización de determinados servizos para aforrar custos, despedindo persoal proprio para substituillo por pessoal de contratas ou empresas de servizos.