Polo seu interese, a seguir divulgamos na íntegra relatorio do Gabinete Técnico Confederal da CIG a respeito dos posíbeis efeitos da Reforma Laboral no tocante ao despedimento do persoal fixo das administracións públicas.
A Reforma Laboral presenta a cuestión de si é aplicabel ou non nas Administracións Públicas para o persoal laboral fixo, concretamente no caso de despedimento obxectivo individual ou colectivo.
Teoricamente debería ser aplicabel se concorren as causas exixidas. E o feito de que ata agora as Administracións non recorresen a esta vía non quer dizer que non o podan fazer. En cualquer caso, habería que ter en conta as disposicións estabelecidas na lei 7/2007 do Estatuto Básico do Empregado Público, onde a obriga de contar cun Plano de ordenación de Recursos Humanos e as correspondentes RPTs debe afectar non só ao pessoal funcionario senón tamén ao laboral. Pero teoricamente non existe ningún impedimento para que unha Administración ou entidade pública presente un ERE ou acuda a despedimentos obxectivos diante dun déficit económico, actual ou previsto, ou unha diminuición persistente do seu nível de receitas (ingresos).
Full story »