CIG apresenta a convocatoria de folga xeral na consellaría de Traballo |
|
| 07 Set 2010 |
A central considera que as agresións á clase traballadora van máis alá da reforma laboral e que está en xogo o modelo económico e social cara ao que camiñamos
A CIG presentou onte de mañá, na consellaría de Traballo e Benestar a convocatoria de folga xeral, que afectará a todas as actividades desempeñadas polos traballadores e traballadoras de empresas privadas e do sector público, con vínculo funcionarial, estatutario ou laboral en Galiza. ... A folga comezará ás 0:00 horas do día 29 de setembro e rematará ás 24:00 horas. Con esta convocatoria a central sindical pretende dar unha resposta contundente e frear as agresións das que está sendo obxecto a maioría social, a clase traballadora, e que van máis alá da reforma laboral, e abrir un debate social sobre cara que modelo de organización económica, social e política debemos camiñar.
|