CIG agarda que a Audiencia Nacional admita a trámite o recurso contra os recortes salariais dos/as empregados/as públicos/as |
|
| 07 Set 2010 |
Lamenta a decisión da Defensora do Pobo de non interpor recurso de inconstitucionalidade contra as medidas para reducir o déficit
As federacións de Administración, Ensino e Saúde lamentan profundamente a decisión da Defensora do Pobo, de non atender a petición de interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra as ‘medidas para reducir o déficit público’ aprobadas polos gobernos estatal e galego.
... Malia iso, manteñen a convicción de que se están a vulnerar os dereitos dos/as empregados/as públicos/as e, aínda que suspenden a campaña de recollida de sinaturas posta en marcha o pasado mes de xullo, poñen á súa disposición modelos de reclamación individual, mentres agardan pola resposta da Audiencia Nacional, para saber se admite a trámite a interposición de recurso contra os recortes salariais impostos.
|