A Executiva Confederal da CIG acorda reiniciar as mobilizacións para preparar a folga xeral do 29 de setembro

01 Set 2010

Haberá asembleas de delegados/as e concentracións en todas as cidades o 8 de setembro

A Executiva Confederal da CIG acordou, na súa xuntanza do martes 31 de agosto, estabelecer un calendario de asembleas e concentracións previas á folga xeral convocada para o próximo 29 de setembro. A primeira cita está marcada para o día 7 de setembro, coa celebración dun Secretariado Confederal, e a partir de aí están previstos actos en toda Galiza.

...

O día 8 de setembro a CIG celebrará asembleas de delegados/as en todas as comarcas, seguidas de concentracións na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol.

Entre os días 9 e 13 de setembro a Comisión de Mocidade convocará asembleas á que se convocará á mocidade da CIG e que culminarán cunha xornada nacional de loita o día 17 de setembro.

A CIG tamén convocará mobilizacións entre estas datas ante a aprobación do texto definitivo de reforma laboral, cuxa ratificación terá lugar o vindeiro 9 de setembro no Congreso dos Deputados.