29-S na Galiza: éxito de participación e exemplo de dignidade da clase traballadora galega |
|
| 30 Set 2010 |
CIG reclama do goberno central a retirada da reforma laboral e que non se leven a cabo as reformas pendentes |
Oposicións AEAT 2010: BOE publica listados de admisións e exclusións |
|
| 27 Set 2010 |
No Boletín Oficial do Estado do pasado sábado, día 25 de setembro, foron publicadas as relacións de aspirantes (admisións e exclusións), alén de seren marcadas a data, hora e lugar para a realización das primeiras provas (ou primeiras partes da prova) das distintas convocatorias de oposicións da AEAT convocadas pela Resolución do pasado dia 30 de xuño de 2010:
|
Verdades e mentiras sobre a greve |
|
| 24 Set 2010 |
A seguir disponibilizamos folheto informativo em que, resumidamente, tentamos dar a conhecer algumas verdades e algumas mentiras sobre a greve (folga xeral) do próximo dia 29 de setembro.
|
CIG anima a cidadanía a participar nas manifestacións que se celebrarán por todo o país o día da folga xeral |
|
| 23 Set 2010 |
Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago, Ferrol, Ourense, Lugo, Vilagarcía, Foz e Noia acollerán marchas o 29 de setembro
A Confederación Intersindical Galega anima a todos os traballadores e traballadores de Galiza, así como á cidadanía en xeral, a participar nas manifestacións convocadas pola central nacionalista para o mesmo día da folga xeral. Deste xeito, as rúas de Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago, Ferrol, Ourense, Lugo, Vilagarcía, Noia e Foz acollerán marchas reivindicativas o vindeiro 29 de setembro.
Os horarios das distintas mobilizacións programadas pola CIG para rexeitar a reforma laboral do Goberno español e reclamar outro modelo económico e social máis xusto e solidario son os seguintes:
|
Consecuencias da reforma laboral para os dereitos da clase traballadora |
|
| 21 Set 2010 |
O xornal dixital Avantar acaba de apresentar unha análise pormenorizada das consecuencias que a reforma laboral terá para os nosos dereitos como clase e para as nosas condicións de vida. O traballo foi realizado por Luís Burgos, membro do Gabinete Técnico Confederal da CIG. Unha reforma á que as galegas e galegos temos que dar unha contundente resposta na xornada do 29 de setembro, sumándonos masivamente á folga xeral. |
Audiencia Nacional admite a trámite o recurso contra o recorte salarial dos empregados/as públicos/as |
|
| 20 Set 2010 |
A principios do mes de setembro, a Defesora do Pobo pronunciábase negativamente sobre a petición da CIG (apoiada por moitas traballadoras e traballadores) de interpor un recurso de incostitucionalidade contra as ‘medidas para reducir o déficit público’ aprobadas polos gobernos central e galego. Malia esta decisión, a Audiencia Nacional vén de admitir a trámite o recurso inconstitucionalidade, mantendo así a vía xudicial aberta. |
Reforma Laboral e o despedimento do persoal laboral fixo das administracións públicas |
|
| 16 Set 2010 |
Polo seu interese, a seguir divulgamos na íntegra relatorio do Gabinete Técnico Confederal da CIG a respeito dos posíbeis efeitos da Reforma Laboral no tocante ao despedimento do persoal fixo das administracións públicas.
|
Área pública da CIG manifesta a súa “rotunda oposición” á conxelación salarial dos empregados/as públicos/as para 2011 |
|
| 14 Set 2010 |
As federacións da área pública da CIG –Administración, Saúde e Ensino- veñen de manifestar, na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, reunida esta mañá en Madrid, a súa “rotunda oposición” á proposta de conxelación salarial presentada na mesma. |
CIG agarda que a Audiencia Nacional admita a trámite o recurso contra os recortes salariais dos/as empregados/as públicos/as |
|
| 07 Set 2010 |
Lamenta a decisión da Defensora do Pobo de non interpor recurso de inconstitucionalidade contra as medidas para reducir o déficit
As federacións de Administración, Ensino e Saúde lamentan profundamente a decisión da Defensora do Pobo, de non atender a petición de interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra as ‘medidas para reducir o déficit público’ aprobadas polos gobernos estatal e galego.
|
CIG apresenta a convocatoria de folga xeral na consellaría de Traballo |
|
| 07 Set 2010 |
A central considera que as agresións á clase traballadora van máis alá da reforma laboral e que está en xogo o modelo económico e social cara ao que camiñamos
A CIG presentou onte de mañá, na consellaría de Traballo e Benestar a convocatoria de folga xeral, que afectará a todas as actividades desempeñadas polos traballadores e traballadoras de empresas privadas e do sector público, con vínculo funcionarial, estatutario ou laboral en Galiza. |