A quen lle soben os impostos?

26 Jul 2010

Por Immanuel Wallerstein *

Os impostos son inevitábeis, de feito, e non hai momento peor para iso que cando a economía-mundo está en pobres condicións, como o está neste momento. O que non é inevitábel é o grupo ou grupos para quen a carga é maior. Todo é cuestión de saber de quen é o boi sacrificado. Algunha xente, tallante, chámalle a isto loita de clases. É impulsada con ferocidade nos días que corren.

...

Todo o mundo sabe o vello refrán que di que non hai nada inevitábel agás a morte e os impostos. Pero case todos nós investimos moita enerxía en intentar pospor ambos. Os impostos son unha idea moi impopular, en calquera parte. Pouca xente se laia de que non lle cobren os suficientes impostos. O problema é que case todo o mundo quere que moitas cousas sexan pagadas con estes.

Apenas hai pouco houbo uns resultados sorprendentes nunha enquisa en Francia. Este país ten unha das máis altas taxas de impostos do mundo e, porén, a maioría da poboación considera inevitábel que haxa máis aumentos fiscais. O máis sorprendente, pese ao feito de que Francia conta agora cun goberno de dereita, é que son máis votantes da dereita os que esperan que haxa un aumento de impostos que votantes da esquerda; máis os votantes prósperos que os votantes máis pobres.

O feito simple é que case non hai goberno ningún no mundo, a escala nacional ou local, que teña os suficientes ingresos como para cubrir o nivel de gastos mandatado pola lei, máis o desexado pola maioría do seu electorado. Así, estes gobernos piden prestado diñeiro e métense en débedas (aínda máis), o cal é impopular, e/ou reducen os gastos á conta de alguén. Porén, a realidade é que nin pedir prestado ou nin cortar gastos parece ser suficiente.

O resultado neto é que todos os gobernos, en todas partes, están incrementando os impostos, e continuarán facéndoo durante os próximos anos. Pero a maioría deles nega que o están facendo. Como pode alguén ocultar que aumentan os impostos? Hai múltiples xeitos de facelo.

O modo número un é incrementar o custo dos servizos gobernamentais. Se un goberno aumenta a cota dunha solicitude para un documento ou unha licenza, iso auméntalle impostos ao solicitante. Se un goberno pospón a idade en que ten dereito a recibir unha pensión, iso auméntalle impostos ao pensionista potencial.

O modo número dous é que un goberno elimine un subsidio ao que antes estaba comprometido. Se este era o subsidio a unha empresa, iso é un aumento fiscal á empresa, que con frecuencia (pero non sempre) pode pasar aos consumidores. Se o subsidio estaba dirixido a un individuo -por exemplo o seguro de desemprego-, eliminalo ou reducilo increméntalle os impostos ao individuo.

Pero a máis importante redución dun subsidio, porque é a menos obvia, ocorre cando un goberno nacional reduce unha das penetrantes transferencias monetarias a un goberno dunha localidade. O que isto fai é simplemente alterar o locus dun incremento fiscal, do nivel nacional, ao nivel local. O goberno local ten entón dúas opcións. Pode subir os impostos para cubrir a deficiencia, digamos incrementando os impostos á propiedade. Ou pode reducir os seus gastos, digamos reducindo o que a escala local inviste en educación.

Se o goberno local gasta menos en educación pública, é razoábel supor que a calidade da educación ofrecida tamén se verá diminuída. Isto pode conducir a unha resposta dos residentes máis podentes, aqueles que poden permitirse a nivel privado custear a educación dos seus fillos. A xente máis pobre obterá educación máis pobre ou non obterá educación algunha. Aos podentes sóbelles o custo, o que en efecto é un aumento en impostos, pero é un que non beneficia ao groso da poboación.

Os impostos son inevitábeis, de feito, e non hai momento peor para iso que cando a economía-mundo está en pobres condicións, como o está neste momento. O que non é inevitábel é o grupo ou grupos para quen a carga é maior. Todo é cuestión de saber de quen é o boi sacrificado. Algunha xente, tallante, chámalle a isto loita de clases. É impulsada con ferocidade nos días que corren.

O único lema ao que un non debería concederlle algunha credibilidade é ao de menores impostos, baixaremos impostos. Non hai xeito ningún de facer algo así. Hai con todo formas máis xustas ou menos xustas da imposición fiscal. A cuestión que todos enfrontamos é a quen lle soben os impostos, e por cal vía. Esta é unha das batallas políticas do noso tempo.

* Sociólogo e científico social histórico estadounidense, nado en Nova York en 1930.

[Artigo tirado do xornal mexicano ‘La Jornada’, de 24 de xullo de 2010]

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Novembro 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 1
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution