CIG chama a participar nos actos convocados con motivo do Día da Patria Galega

22 Jul 2010

A reivindicación da soberanía nacional, este 25 de xullo, gaña máis importancia que nunca pola necesidade de termos competencias políticas para enfrontar a crise económica

A Confederación Intersindical Galega fai un chamamento a todos os seus afiliados/as e simpatizantes para participaren das mobilizacións que o vindouro 25 de xullo, Día da Patria Galega, irán decorrer en Santiago de Compostela, ben como de todos os actos agendados para reivindicar a soberanía nacional, a xustiza social e a solidariedade.

A CIG considera que o actual cuadro xurídico é insuficiente, sobretodo nas materias que máis nos afectan como clase. Por iso, no actual contexto de crise económica a mobilización para reivindicarmos un autogoberno sustentado na autodeterminación e soberanía nacional, gaña aínda máis importancia, para a mellor defensa dos intereses da clase traballadora galega.