Campaña contra as medidas para reducir o défice público impostas polos gobernos estatal e galego

21 Jul 2010

CIG apresentou petición de interposición de recurso de inconstitucionalidade

As federación de Administración, Ensino e Saúde impulsiona un abaixo-asinado para aderir á petición de interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra o Real Decreto-lei 8/2010 do 20 de maio, polo cal foron adoptadas as medidas extraordinarias para a redución do défice público e contra a Lei galega 3/2010, de 23 de xuño, pola cal foi modificada a Lei 9/2009, de 23 de decembro, de orzamentos xerais da Xunta de Galiza.

As federacións afectadas por esta normativa entenden que non concorre unha situación de extraordinaria e urxente necesidade que xustifique a promulgación do RD lei e que, en todo caso, están a ser vulnerados direitos, deberes e liberdades da cidadanía regulados no Título I da Constitución.

- Mais info: xornal dixital Avantar

 

CIG e ELA apresentan manifesto conxunto en Madrid contra a reforma laboral

21 Jul 2010

Realizaron unha xuntanza cos grupos parlamentarios do BNG, Nafarroa Bai, CIU, PNV e PSOE; non asistiron nen CC, nen o PP, nen UPyD

CIG e ELA realizaron esta cuarta-feira, no Congreso dos Deputados, unha reunión cos grupos parlamentares aos cais fixeron entrega dunha declaración conxunta en que manifestan o seu rexeitamento á reforma laboral, “tanto pola forma na que se xestou como polos seus conteúdos totalmente regresivos”, denuncian a crise estrutural do diálogo social, o proceso sumarísimo contra os direitos laborais e alertan do evidente risco de que, cos apoios conseguidos polo goberno para que a Reforma vaia adiante, aínda piore mais o seu conteúdo.

- Mais info: xornal dixital Avantar