Nova proposta da AEAT para os procedimentos de mobilidade xeográfica

30 Jul 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa e proposta da AEAT sobre concursos (mobilidade xeográfica). Da CIG continuamos a recoller todas as vosas opinións, suxestións, etc. en relación a este tema, portanto non dubides en nos faceres chegar as túas propostas para conseguirmos mellorar o sistema de mobilidade dentro da AEAT.

 

A quen lle soben os impostos?

26 Jul 2010

Por Immanuel Wallerstein *

Os impostos son inevitábeis, de feito, e non hai momento peor para iso que cando a economía-mundo está en pobres condicións, como o está neste momento. O que non é inevitábel é o grupo ou grupos para quen a carga é maior. Todo é cuestión de saber de quen é o boi sacrificado. Algunha xente, tallante, chámalle a isto loita de clases. É impulsada con ferocidade nos días que corren.

Full story »

 

Oposicións AEAT: pesoas aprobadas convocatoria 2009 no BOE

26 Jul 2010

No BOE de hoxe tendes as seguintes resolucións con as pesoas aprobadas dos distintos procesos selectivos da AEAT correspondentes á convocatoria de 2009:

Lembrai que hai un prazo de 20 días corridos para apresentar a documentación.

 

Reunión da Comisión Paritaria de Interpretación do Acordo Horario de Vixilancia Aduaneira

23 Jul 2010
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa da reunión da Comisión Paritaria de Interpretación do Acordo Horario de Vixilancia Aduaneira, que tivo lugar onte.

 

CIG chama a participar nos actos convocados con motivo do Día da Patria Galega

22 Jul 2010

A reivindicación da soberanía nacional, este 25 de xullo, gaña máis importancia que nunca pola necesidade de termos competencias políticas para enfrontar a crise económica

A Confederación Intersindical Galega fai un chamamento a todos os seus afiliados/as e simpatizantes para participaren das mobilizacións que o vindouro 25 de xullo, Día da Patria Galega, irán decorrer en Santiago de Compostela, ben como de todos os actos agendados para reivindicar a soberanía nacional, a xustiza social e a solidariedade.

A CIG considera que o actual cuadro xurídico é insuficiente, sobretodo nas materias que máis nos afectan como clase. Por iso, no actual contexto de crise económica a mobilización para reivindicarmos un autogoberno sustentado na autodeterminación e soberanía nacional, gaña aínda máis importancia, para a mellor defensa dos intereses da clase traballadora galega.

 

Campaña contra as medidas para reducir o défice público impostas polos gobernos estatal e galego

21 Jul 2010

CIG apresentou petición de interposición de recurso de inconstitucionalidade

As federación de Administración, Ensino e Saúde impulsiona un abaixo-asinado para aderir á petición de interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra o Real Decreto-lei 8/2010 do 20 de maio, polo cal foron adoptadas as medidas extraordinarias para a redución do défice público e contra a Lei galega 3/2010, de 23 de xuño, pola cal foi modificada a Lei 9/2009, de 23 de decembro, de orzamentos xerais da Xunta de Galiza.

As federacións afectadas por esta normativa entenden que non concorre unha situación de extraordinaria e urxente necesidade que xustifique a promulgación do RD lei e que, en todo caso, están a ser vulnerados direitos, deberes e liberdades da cidadanía regulados no Título I da Constitución.

- Mais info: xornal dixital Avantar

 

CIG e ELA apresentan manifesto conxunto en Madrid contra a reforma laboral

21 Jul 2010

Realizaron unha xuntanza cos grupos parlamentarios do BNG, Nafarroa Bai, CIU, PNV e PSOE; non asistiron nen CC, nen o PP, nen UPyD

CIG e ELA realizaron esta cuarta-feira, no Congreso dos Deputados, unha reunión cos grupos parlamentares aos cais fixeron entrega dunha declaración conxunta en que manifestan o seu rexeitamento á reforma laboral, “tanto pola forma na que se xestou como polos seus conteúdos totalmente regresivos”, denuncian a crise estrutural do diálogo social, o proceso sumarísimo contra os direitos laborais e alertan do evidente risco de que, cos apoios conseguidos polo goberno para que a Reforma vaia adiante, aínda piore mais o seu conteúdo.

- Mais info: xornal dixital Avantar

 

Nomeación axentes Vixilancia Aduaneira de 2008

19 Jul 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

No BOE de hoxe tendes a nomeación dos novos axentes de Vixilancia Aduaneira (convocatoria de 2008). A seguir disponibilizamos a ligazón para visualizar e/ou descarregar o ficheiro con a información.

 

Notas sobre a crise estrutural e a crise da conxuntura

19 Jul 2010
Email , Categorias: Notícias Sindicato, Opinión,

Por Theotonio dos Santos *

A crise actual (2008-2010) demostra as dificultades do sistema capitalista de xestionar a economía, a sociedade e a cultura contemporánea. A xigantesca intervención estatal en curso non fixo máis que reforzar os intereses privados e a súa capacidade de destrución da vida na terra: expansión da pobreza, violencia social crecente, destrución do medio ambiente e ameaza á propia sobrevivencia da humanidade, en tanto que as novas guerras son as manifestacións da crise do sistema.

Full story »

 

Convocatoria oposicións AEAT no BOE

12 Jul 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Promoción,

No Boletín Oficial do Estado do pasado sábado, día 10 de xullo, foron publicadas as distintas convocatorias de oposicións da AEAT para 2010:

Lembrai que o prazo para a apresentación das peticións é de vinte días corridos a partir do día seguinte á publicación da convocatoria.

 

Carreira administrativa: mobilidade e concursos

09 Jul 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre a reunión de onte de Carreira Administrativa (Mobilidade e concursos).

 

Convenio SVA e SASEMAR: Vídeo do debate no Parlamento da Galiza

07 Jul 2010
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Gravación do debate no Parlamento da Galiza da iniciativa do BNG sobre o convenio entre o SVA e SASEMAR, a respeito de que o servizo de Vixilancia Aduaneira pudese utilizar os meios que Salvamento Marítimo ten no Monte Enxa.

O debate ocorreu no dia 9 de abril de 2010, con as intervencións de Lino Sexto, subdiretor-xeral do Servizo de Gardacostas da Galiza e Bieito Lobeira, deputado do BNG.

 

Cursos de Promoción Interna - Acción Social

07 Jul 2010

Na Intranet xa tendes a seguinte información:

- Cursos apoio á promoción interna (para a preparación aos corpos Xeral Auxiliar, Xeral Administrativo, Axentes, Técnico Auxiliar de Informática e Corpo Técnico de Facenda). O prazo para se inscrever é de 6 a 15 xullo de 2010.

-Ampliación do prazo das axudas de Acción Social (para aquelas en que finalizaba o prazo no día 30 de xuño).O novo prazo é até 9 de xullo.

 

Controle das situacións de incapacidade temporaria pola Muface

07 Jul 2010

Foi publicada no BOE de 1 de xullo de 2010, a Orde que regula o procedimento de recoñecimento, controle e seguimento das situacións de incapacidade temporaria (IT), risco durante a gravidez (embarazo) e risco durante a lactación natural, no Réxime Especial da Seguranza Social dos Funcionarios Civís do Estado.

Esta orde fai referencia, en varios dos seus artigos, a “Unidades Médicas de Seguimiento” para o recoñecimento dos mutualistas. Estes recoñecimentos serán levados a cabo polas Direccións Provinciais do Instituto Nacional da Seguranza Social (INSS), segundo o acordo de Encomenda de Xestión entre a MUFACE e o INSS, publicado no BOE de 9-2-2010 por Resolución da Subsecretaría do Ministerio da Presidencia.

 

Nomeación funcionários Corpo Executivo VA

07 Jul 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

No BOE do pasado sábado foi publicada a nomeación dos funcionarios do Corpo Executivo de Vixilancia Aduaneira, correspondente á convocatoria de 2008. A seguir disponibilizamos a ligazón para ver e/ou descarregar o ficheiro con toda a información.

 

1 2 >>