Delegados/as da área pública da CIG concéntranse en contra da aplicación dos recortes aos empregados/as da administración

22 Jun 2010



Coincidindo co debate no Parlamento do decreto para trasladar as medidas de redución do déficit público

Delegados e delegadas da área pública da CIG desenvolveron unha concentración na mañá deste martes diante do Parlamento de Galiza para amosar o seu rexeitamento ás medidas de redución do déficit público adoptadas polo goberno estatal e que a Xunta de Galiza vai aplicar aos empregados/as públicos, sen minimizar o seu impacto, a pesar de ter capacidade para facelo.

As Federacións de Administración, Ensino e Saúde denunciaron novamente a hipocrisía do PP e demandaron que antes de recortar as retribucións dos traballadores/as se reduzan os numerosos gastos superfluos da administración.

- Mais info: xornal dixital Avantar