Máis de 7.000 persoas participan nas manifestacións convocadas pola central sindical en todas as comarcas

08 Jun 2010

Suso Seixo chama a “pasar á ofensiva” e ir cara unha folga xeral porque as medidas regresivas non afectan só á función pública

Máis de 7.000 persoas participaron nas mobilizacións convocadas pola CIG nas sete cidades coincidindo coa xornada de folga no sector público. Unha folga que tivo un moi desigual seguimento pero que se achega ao 50% no conxunto da área pública galega, chegando a superar o 80% nos concellos das grandes cidades.

...

Na manifestación de Compostela, na que participou Suso Seixo, o secretario xeral fixo un chamamento a pasar a ofensiva e camiñar cara unha folga xeral. Seixo criticou a política de confusión de CCOO e UGT de convocar folgas logo de que as medidas xa están adoptadas “porque xa sabemos de antemán o tipo de medidas que se van adoptar e os recortes laborais que se queren aplicar”.

O secretario xeral lembrou que a CIG ten convocadas mobilizacións en todas as comarcas para o vindeiro 17 de xuño para denunciar os contidos dunha reforma laboral que se anuncia regresiva e que terá gravísimas consecuencias para a clase traballadora.

Mais info no xornal dixital Avantar:

- Suso Seixo chama a “pasar á ofensiva” e ir cara unha folga xeral porque as medidas regresivas non afectan só á función pública

- Desigual seguimento na folga convocada no sector público, cunha incidencia que a CIG cifra no 50%