CIG chama aos empregados/as públicos a defender a súa dignidade participando nas mobilizacións convocadas para o 2 de xuño |
|
| 01 Jun 2010 |
A CIG fai un chamamento aos empregados e empregadas públicos/a a participar nas mobilizacións convocadas en toda Galiza en defensa dos salarios, do emprego, dos servizos públicos e da súa dignidade como traballadores/as que prestan uns servizos útiles e necesarios para a sociedade. A CIG manifesta que non se pode consentir que o goberno de turno tome a estes traballadores/as como cabeza de turco para pagar as consecuencias dunha crise que non provocaron e alerta de que se non hai unha resposta contundente nas diferentes mobilizacións convocadas, as medidas que se apliquen poderían ser aínda máis fortes. Para obter info detallada sobre as concentracións axendados é só acesar o xornal dixital Avantar. |