Asemblea nacional de delegados/as da CIG para debater sobre as consecuencias da reforma laboral e a convocatoria de folga xeral |
|
| 30 Jun 2010 |
A CIG celebrará este xoves, día 1 de xullo, a partir das 10:30 horas, no Pazo de Congresos de Compostela, unha asemblea nacional de delegados e delegadas para analizar polo miúdo o alcance e as consecuencias da reforma laboral e a necesidade da convocatoria da folga xeral. O secretario xeral, Suso Seixo, e o secretario confederal de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara, serán os encargados de abordar estas cuestións, a partir das que se dará paso ao debate dos/as asistentes.
|
Oposicións Administración Xeral do Estado |
|
| 30 Jun 2010 |
No BOE de hoxe, día 30, é publicada a Orde PRE/1740/2010, de 21 de xuño, pola cual son convocados procesos seletivos para o ingreso nos Corpos e Escalas da Administración Xeral do Estado. O prazo para apresentar as peticións finaliza en 20 de xullo.
|
Tribunais obrigan AEAT a convocar a Mesa de Vixilancia Aduaneira |
|
| 29 Jun 2010 |
A seguir disponibilizamos nota informativa e sentenza do contencioso que gañou a CIG sobre Vixilancia Aduaneira.
|
Promoción interna 2010 |
|
| 29 Jun 2010 |
A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a reunión do pasado dia 24 de xuño, virada para as convocatorias de promoción interna para o 2010.
|
O significado de "austeridade" |
|
| 26 Jun 2010 |
Por James Corbett Se o FMI ou o Banco Central Europeu se dirigirem ao povo de um país europeu em colapso e lhes disserem para sacrificar as suas pensões, as suas poupanças e o seu próprio padrão de vida por uma dívida que o seu governo fraudulentamente acumulou em seu nome, ninguém deveria acreditar nisso – e com muita razão... |
Executivas da CIG e BNG rexeitan a reforma laboral e defenden a necesidade dun novo modelo económico e social |
|
| 25 Jun 2010 |
Unha representación das Executivas da CIG e o BNG mantiveron esta mañá unha nova xuntanza para analisaren a situación de crise e as graves consecuencias económicas e sociais que está a ter para millares de persoas. Ambas as organizacións criticaron a ausencia de respostas favorábeis á maioría social por parte do goberno central e galego e coincidiron na necesidade dunha aposta por unha mudanza de políticas para camiñarmos a un novo modelo económico e social máis xusto, solidario e sustentábel.
|
Espanha, uma nova etapa da crise: disciplinar os trabalhadores, debilitar o poder sindical |
|
| 23 Jun 2010 |
![]() O presidente do Goberno español Rodríguez Zapatero e mais o Director-Xerente do Fondo Monetario Internacional (FMI) Dominique Strauss-Kahn Por Antonio Baylos* A nova etapa da crise que começou em março de 2010, com a chamada “crise grega”, gerou uma ofensiva de reformas nos estados-nação europeus. A partir de princípios comuns, adotou-se a redução dos gastos públicos e do número de funcionários públicos, além de reformas no sistema de pensões. Mais ainda, nesses principios está a possibilidade de revisão nos modelos legais de regulação do trabalho, para degradar as garantias de emprego. Seria revisado o custo e a motivação das demissões, ao mesmo tempo em que se rompe a força vinculante dos convênios coletivos setoriais a partir de uma não aplicação dos mesmos nas empresas. |
Delegados/as da área pública da CIG concéntranse en contra da aplicación dos recortes aos empregados/as da administración |
|
| 22 Jun 2010 |
Coincidindo co debate no Parlamento do decreto para trasladar as medidas de redución do déficit público Delegados e delegadas da área pública da CIG desenvolveron unha concentración na mañá deste martes diante do Parlamento de Galiza para amosar o seu rexeitamento ás medidas de redución do déficit público adoptadas polo goberno estatal e que a Xunta de Galiza vai aplicar aos empregados/as públicos, sen minimizar o seu impacto, a pesar de ter capacidade para facelo. As Federacións de Administración, Ensino e Saúde denunciaron novamente a hipocrisía do PP e demandaron que antes de recortar as retribucións dos traballadores/as se reduzan os numerosos gastos superfluos da administración.
|
Resolución do concurso axentes de Vixilancia Aduaneira publicada no BOE |
|
| 15 Jun 2010 |
No BOE de hoxe sai publicadda a resolución con as adxudicacións definitivas do concurso de Axentes de Vixilancia Aduaneira.
|
Horario de verao a partir do dia 16 de xuño |
|
| 14 Jun 2010 |
Lembrai que, entre 16 de xuño e 15 de setembro, ambos inclusive, vigora o horario de verao, polo cual a xornada de traballo, para o persoal que tiver horario de mañá, será de seis horas e media a realizar entre as 8:00 e as 15:00 horas de segundas a sextas-feiras (luns a venres). No ámbito de Vixilancia Aduaneira tamén hai horario reducido para o período comprendido entre 16 de xuño e 15 de setembro, en que o cómputo pasa a ser de 130 horas mensais en lugar das 150 habituais.
|