Gabinete xurídico da CIG está a estudar o texto do Real Decreto para avaliar a posibilidade de empreender medidas legais
As federacións da area pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) acaban de convocar unha concentración para a vindoura quinta-feira (xoves), día 27 de maio, ás 11:30 horas, diante da Delegación do Goberno da Coruña, coincidindo co debate, no Congreso dos Deputados, do Real Decreto-Lei 8/2010, polo cal son adoptadas medidas extraordinarias para a redución do défice público.
...
Con esta concentración as federacións da área pública da CIG queren reiterar o seu máis rotundo e contundente rexeitamento ao pacote de medidas recollidas neste decreto e exixir a súa retirada, ademais de denunciar as graves consecuencias que para as empregadas e empregados públicos e para o conxunto da clase traballadora galega terá a súa aplicación.
Alén diso, informan de que a CIG está explorando todas as vías e que, por iso, o gabinete xurídico está a estudar o texto do Real Decreto para avaliar a posibilidade de empreender medidas legais.