CIG esixe a retirada das medidas regresivas e antisociais na reunión da Mesa Xeral da Función Pública celebrada hoxe en Madrid |
|
| 20 Mai 2010 |
O Consello de Ministros desta tarde concretará as medidas a adoptar e a súa aplicación A CIG esixiu esta mañá a retirada de todas as medidas antisociais propostas polo Goberno de Zapatero durante o decurso da Mesa Xeral da Función Pública. Nesta reunión, explica a Secretaria Nacional da CIG-Administración e representante da central, María Carme López Santamariña, a Administración non fixo entrega de ningún documento, limitándose verbalmente a dar a pouca información “á que estaban autorizados”, xa que as medidas a tomar concretaranse hoxe no Consello de Ministros que se celebrará ás 16::30 horas. Dende a CIG cualifícase a Mesa de “tomadura de pelo” e ínstase a toda a cidadanía a participar esta tarde nas concentracións convocadas nas sete cidades galegas. |