CIG pede unidade sindical para a convocatoria de greve xeral contra as medidas adoptadas polo goberno español |
|
| 14 Mai 2010 |
A Confederación Intersindical Galega acaba de anunciar en conferencia de imprensa que ten convocado para a vindoura terza-feira (martes, día 18 de maio), ás 11:00 horas, todas as centrais sindicais, para abordaren unha resposta conxunta e contundente ás medidas que acabou de facer públicas o goberno español. ... A CIG entende que é necesaria a mobilización e a unidade sindical para frear a imposición destas medidas e que se debe camiñar para unha greve xeral (folga xeral) que ten que se facer extensiva a todos os sectores, dado o seu carácter regresivo e antisocial, e non ficar limitado apenas á área pública. Alén da xuntanza prevista para a vindoura terza, a CIG anuncia a convocatoria de concentracións nas sete cidades para o vindouro día 20 de maio, coincidindo co debate, no Congreso dos deputados, das medidas apresentadas polo presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero.
|