12 de maio, San Pancracio |
|
| 13 Mai 2010 |
Por Xaime Rey Vázquez (*) O nome deste santo, de orixe grego, ven a significar “o que o sosten todo” (wikipedia); o mesmo que está acontecendo cos gastos de persoal do sector público. Na data na que se conmemora a súa onomástica; enterámonos de que seremos, unha vez máis, as empregadas e empregados públicos os que teñamos que padecer unha merma dos nosos salarios co obxetivo de axustar o déficit público. ... Entre as medidas anunciadas por Zapatero no Congreso dos Diputados, contemplase “a reducción das retribuccións do persoal do sector público nun 5% de media a partires de xuño do 2010 e conxelalas no 2011”. Esta decisión suporá o recorte salarial máis severo xamáis efectuado; sumado ás outras medidas de recorte en materia de pensións, gastos sanitarios e prestacións sociais, constituen un ataque frontal contra o sistema de protección social; e constatan unha ruptura co, ata o de agora, discurso do Presidente do Goberno. Na xuntanza da Mesa Xeral das Administracións Públicas, convocada para o día de hoxe, a CIG manifestou a preocupación do noso sindicato pola cesión feita aos intereses económicos especulativos; recortando os salarios e as pensións publicas. Lamentamos que, no 3o aniversario da entrada en vigor do EBEP, teñamos visto como se desenvolven os aspectos máis negativos desta norma: externalización de servizos, reducción das ofertas de emprego e recortes salariais; convertindo en papel mollado calquera acordo que se poida suscribir no ámbito da negociación colectiva ou do dialogo social. Según a información da que dispomos, as medidas anunciadas, aprobaranse por Decreto Lei que irá ao Consello de Ministros do venres 14 de maio. Posteriormente, na súa aplicación, estableceranse as porcentaxes que serán de aplicación a cada tramo salarial ate acadar o 5% de media; conrirmándonos que a reducción non afectará por igual a todos os salarios nin conceptos retributivos. Agora teremos que decidir si actuamos como San Pancracio, soportando de todo ate que nos rebanen o pescozo; ou optamos por dar unha resposta a estas medidas que atentan contra o persoal das Administracións Públicas en particular e o estado de benestar social no seu conxunto. Dende a CIG traballaremos por dar este debate nos centros de traballo, chamando ao persoal a que se una en defensa dos seus dereitos e reclamando do resto de organizacións sindicais que recoñezan o fracaso do diálogo e converxan cos que consideramos necesaria a mobilización social. (*) Secretario Nacional Sector do Estado.
|