As propostas miserábeis do Fondo Monetario Internacional

31 Mai 2010
Email , Categorias: Notícias Sindicato, Opinión,

Por Juan Torres López

O Fondo Monetario que agora lle di ao Estado español o que ten que facer é unha institución doutrinaria que aplica sempre un mesmo credo sexa cal for a circunstancia ou o país que analiza: recorte de gastos públicos, privatizacións, liberalización de servizos, desregulación financeira, liberdade de movemento para os capitais, apertura de portas ao capital estranxeiro... sempre o mesmo, sempre o vello credo liberal, sexa cal for a gravidade dos problemas que orixina a súa aplicación.

Full story »

 

Publicación no BOE da resolución do concurso do Corpo Executivo de VA

28 Mai 2010

No BOE de hoxe tendes a resolución do concurso do Corpo Executivo de Vixilancia Aduaneira. A seguir disponibilizamos a ligazón para ler e/ou descarregar a dita resolución:

 

Novas retribuicións funcionarios AEAT 2010

27 Mai 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

No BOE de onten foi publicada a Resolución onde tendes, con máis detalle, info sobre as retribucións comuns dos empregados públicos a partir do mes de xuño.

Ainda, disponibilizamos tabelas específicas sobre essas novas retribucións para o 2010, após a aprobación do Real Decreto-Lei 8/2010, com a inclusión da actualización dos complementos especifícos do Acordo de Carreira Administrativa na AEAT.

 

A CIG convida a CCOO e UGT a convocar xa folga xeral “para que a crise se resolva en favor da maioría social"

27 Mai 2010

Denuncia a alarmante situación xerada tras da imposición por decreto dunhas medidas antisociais coas que se responsabiliza da crise á clase traballadora

A Confederación Intersindical Galega fixo, en rolda de prensa, un convite expreso a CCOO e UGT para que reconsideren a súa posición e se sumen á convocatoria dunha folga xeral porque “é o momento e é necesario para que non se resolva esta crise en contra da maioría social”.

Full story »

 

Dia 27 de maio: concentración da área pública contra as medidas anticrise do Goberno perante a Delegación do Goberno da Coruña

25 Mai 2010

Gabinete xurídico da CIG está a estudar o texto do Real Decreto para avaliar a posibilidade de empreender medidas legais

As federacións da area pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) acaban de convocar unha concentración para a vindoura quinta-feira (xoves), día 27 de maio, ás 11:30 horas, diante da Delegación do Goberno da Coruña, coincidindo co debate, no Congreso dos Deputados, do Real Decreto-Lei 8/2010, polo cal son adoptadas medidas extraordinarias para a redución do défice público.

Full story »

 

BOE publica medidas para corte salarial do funcionariado

24 Mai 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

No BOE de hoxe xa está publicado o Real Decreto coas medidas extraordinarias do Goberno español para a suposta redución do défice público, entre as cais está a descida das retribucións das servidoras e servidores públicos.

 

Saiba o que é o capitalismo

24 Mai 2010
Email , Categorias: Notícias Sindicato, Opinión,

Por Atilio A. Boron (*)

Co capitalismo non haberá futuro para ninguén. Nin para os ricos nin para os pobres. A sentenza de Friedrich Engels, e tamén de Rosa Luxemburgo: "socialismo ou barbarie", é hoxe máis actual e vixente que nunca. Ningunha sociedade sobrevive cando o seu impulso vital reside na procura incesante do lucro...

Full story »

 

CIG esixe a retirada das medidas regresivas e antisociais na reunión da Mesa Xeral da Función Pública celebrada hoxe en Madrid

20 Mai 2010

O Consello de Ministros desta tarde concretará as medidas a adoptar e a súa aplicación

A CIG esixiu esta mañá a retirada de todas as medidas antisociais propostas polo Goberno de Zapatero durante o decurso da Mesa Xeral da Función Pública.

Nesta reunión, explica a Secretaria Nacional da CIG-Administración e representante da central, María Carme López Santamariña, a Administración non fixo entrega de ningún documento, limitándose verbalmente a dar a pouca información “á que estaban autorizados”, xa que as medidas a tomar concretaranse hoxe no Consello de Ministros que se celebrará ás 16::30 horas.

Dende a CIG cualifícase a Mesa de “tomadura de pelo” e ínstase a toda a cidadanía a participar esta tarde nas concentracións convocadas nas sete cidades galegas.

Full story »

 

En defesa do emprego, dos salarios e dos servizos públicos

19 Mai 2010

CIG convoca concentracións de todo o sector público para o dia 20 de maio

* Santiago de Compostela: Praza do Toural. 19 horas.
* Coruña: Delegación do Goberno. 19 horas.
* Lugo: Subdelegación do Goberno. 20 horas.
* Ourense: Subdelegación do Goberno. 19 horas.
* Vigo: r/ do Príncipe. 19 horas.
* Pontevedra: Subdelegación do Goberno. 19 horas.
* Ferrol: Edificio Administrativo da Xunta. 19 horas.

Ante o anuncio feito polo presidente do goberno español, Sr. Zapatero, de rebaixar nun 5% os salarios das empregadas/os públicos, na CIG confirmamos ,unha vez máis, que esta era unha das medidas que se ían aplicar no sector público para seguir coa campaña iniciada de precarización e desprestixio do servizos públicos, e a xustificación perfecta para tomar medidas cada día máis regresivas no eido laboral.

Full story »

 

Concurso de axentes de Vixilancia Aduaneira quase pronto para a sua publicación no BOE

19 Mai 2010

Xá temos ao voso dispor o listado do concurso de Axentes de Vixilancia Aduaneira que nos facilitaron hoxe. É só contatardes connosco para terdes acesso.

Fica pendente de aclaración, por parte dos responsábeis de Concursos, unha incidencia que detectamos a respeitdo da vaga 41 (Ribadeu) que neste listado figura libre e, no entanto, na Comisión de Valoración a AEAT manifestou a intención de cobrir a vaga baixando a pontuación mínima.

Esperamos obter resposta sobre a nosa reclamación amañá mesmo. De resto, unha vez aclarada esa incidencia, o concurso será enviado ao BOE para a súa publicación.

 

1 2 3 >>