CIG convoca manifestacións en todas as comarcas neste Primeiro de Maio

30 Abr 2010

Sob os lemas "Emprego e salarios dignos. Non ao pacto social" e "O déficit público que o pague o capital. Reforma fiscal xa!"

A CIG convocará para o Primeiro de Maio, 'Día do Internacionalismo Proletario' manifestacións en todas as comarcas sob os lemas "Emprego e salarios dignos. Non ao pacto social" e "O déficit público que o pague o capital. Reforma fiscal xa!". A manifestación central, como en anos anteriores, terá lugar en Vigo, con saída do Cruce da Doblada ás 12:00 horas.

Nestes dous lemas preténdense sintetizar os eixos nos cais a central sindical centrará a campaña a desenvolver arredor desta significativa data. Por unha banda, salientando os principais problemas que padece a clase traballadora por mor da crise: emprego e salarios e, pola outra, reclamando unha reforma fiscal para que se garanta a progresividade do sistema e que paguen máis quen máis ten.

Mais info: xornal dixital Avantar