CIG convoca manifestacións en todas as comarcas neste Primeiro de Maio |
|
30 Abr 2010 |
A CIG convocará para o Primeiro de Maio, 'Día do Internacionalismo Proletario' manifestacións en todas as comarcas sob os lemas "Emprego e salarios dignos. Non ao pacto social" e "O déficit público que o pague o capital. Reforma fiscal xa!". A manifestación central, como en anos anteriores, terá lugar en Vigo, con saída do Cruce da Doblada ás 12:00 horas. Nestes dous lemas preténdense sintetizar os eixos nos cais a central sindical centrará a campaña a desenvolver arredor desta significativa data. Por unha banda, salientando os principais problemas que padece a clase traballadora por mor da crise: emprego e salarios e, pola outra, reclamando unha reforma fiscal para que se garanta a progresividade do sistema e que paguen máis quen máis ten.
|
Nomeación CTH - Convocatoria 2008 no BOE |
|
30 Abr 2010 |
No BOE de hoxe tendes a nomeación dos funcionarios do Corpo Técnico de Facenda, correspondente á convocatoria de 2008. A seguir disponibilizamos a ligazón para poderdes descarregar o pdf.
|
Destituición do director xeral da AEAT em plena Campaña da Renda |
|
30 Abr 2010 |
Como curiosidade do día disponibilizamos o que publican distintos medios de comunicación españois sobre a decisión da destituición de Luis Pedroche (director xeral da AEAT) no Consello de Ministros de hoxe.
|