Millares de pesoas maniféstanse en Compostela contra a privatización dos servizos públicos |
|
26 Abr 2010 |
Sob o lema "En defensa dos servizos públicos", millares de pesoas percorreron onten domingo, 25 de abril, as rúas de Compostela en contra das políticas de "privatización e mercantilización de todo o que é público". Convocada pola CIG, BNG, IU, SLG, FRUGA, Plataforma en Defensa dos Servizos Sociais Públicos, AS-PG e Nova Escola Galega, a marcha saiu da alameda por volta das doce e meia e finalizou na Praza da Quintá, onde a actriz Isabel Risco deu leitura ao manifesto conxunto no cual denunciou a diminuición da cualidade das prestacións públicas, a precarización e o corte de emprego implícitos a toda privatización.
|