CIG convoca manifestacións en todas as comarcas neste Primeiro de Maio

30 Abr 2010

Sob os lemas "Emprego e salarios dignos. Non ao pacto social" e "O déficit público que o pague o capital. Reforma fiscal xa!"

A CIG convocará para o Primeiro de Maio, 'Día do Internacionalismo Proletario' manifestacións en todas as comarcas sob os lemas "Emprego e salarios dignos. Non ao pacto social" e "O déficit público que o pague o capital. Reforma fiscal xa!". A manifestación central, como en anos anteriores, terá lugar en Vigo, con saída do Cruce da Doblada ás 12:00 horas.

Nestes dous lemas preténdense sintetizar os eixos nos cais a central sindical centrará a campaña a desenvolver arredor desta significativa data. Por unha banda, salientando os principais problemas que padece a clase traballadora por mor da crise: emprego e salarios e, pola outra, reclamando unha reforma fiscal para que se garanta a progresividade do sistema e que paguen máis quen máis ten.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Nomeación CTH - Convocatoria 2008 no BOE

30 Abr 2010

No BOE de hoxe tendes a nomeación dos funcionarios do Corpo Técnico de Facenda, correspondente á convocatoria de 2008. A seguir disponibilizamos a ligazón para poderdes descarregar o pdf.

 

Destituición do director xeral da AEAT em plena Campaña da Renda

30 Abr 2010
Email , Castegorias: Información AEAT, Info Xeral,

Como curiosidade do día disponibilizamos o que publican distintos medios de comunicación españois sobre a decisión da destituición de Luis Pedroche (director xeral da AEAT) no Consello de Ministros de hoxe.

Mais info: eleconomista.es | expansion.com

 

Nota conxunta sobre o concurso do Corpo Executivo de Vixilancia Aduaneira

29 Abr 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota conxunta, de todas as organizacións sindicais da AEAT, sobre o acontecido no concurso do A2 Vixilancia Aduaneira.

Xá temos o listado provisorio de adxudicatarios deste concurso actualizado a día de hoxe. Se quixerdes consultar o mesmo ou se precisardes cualquer aclaración adicional, contactai connosco.

Ficai atentos nestes días pois esperamos ter noticias do concurso de Axentes, que será resolvido depois de acabar con o do Corpo Executivo de Vixilancia Aduaneira. Cando soubermos mais xa vos informaremos.

 

Cursos voluntarios Plan Formación Continua 2010

29 Abr 2010
Email , Castegorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre os cursos do Plan de Formación Continua da AEAT para o ano 2010.

 

Listados provisorios Corpo Executivo SVA actualizados

28 Abr 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

Acaban de nos facilitar o listado do concurso de Vixilancia Aduaneira (Corpo Executivo) actualizado a dia de hoxe (27 de abril). Se quixerdes consultar o mesmo ou se precisardes cualquer aclaración adicional, contactai connosco.

Há mudanzas en dúas adxudicacións a respeito do listado anterior pois dúas solicitacións estavan sen grabar. Para facer mais comprensíbel o asunto das distintas pontuacións a seguir disponibilizamos resumo das bases do concurso.

 

CIG apresenta escrito sobre o concurso de Vixilancia Aduaneira (Corpo Executivo)

27 Abr 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos escrito, dirixido ao subdirector xeral de Xestión de Persoal, pedindo que sexan cobertas todas as vagas (prazas) convocadas no concurso do Corpo Executivo de Vixilancia Aduaneira (pois á vista dos listados provisorios poderían ficar libres 53% das vagas convocadas).

Confirmamos tamén que a reunión da Comisión de Valoración deste concurso decorrerá nesta quinta feira (xoves, 29 de abril).

 

Millares de pesoas maniféstanse en Compostela contra a privatización dos servizos públicos

26 Abr 2010

A actriz Isabel Risco foi a responsábel por ler o manifesto conxunto ao final da mobilización

Sob o lema "En defensa dos servizos públicos", millares de pesoas percorreron onten domingo, 25 de abril, as rúas de Compostela en contra das políticas de "privatización e mercantilización de todo o que é público".

Convocada pola CIG, BNG, IU, SLG, FRUGA, Plataforma en Defensa dos Servizos Sociais Públicos, AS-PG e Nova Escola Galega, a marcha saiu da alameda por volta das doce e meia e finalizou na Praza da Quintá, onde a actriz Isabel Risco deu leitura ao manifesto conxunto no cual denunciou a diminuición da cualidade das prestacións públicas, a precarización e o corte de emprego implícitos a toda privatización.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Listado do concurso do Corpo Executivo SVA

23 Abr 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

Acaban de nos facilitar o listado do concurso de Vixilancia Aduaneira (Corpo Executivo). Se quixerdes consultar o mesmo ou se precisardes cualquer aclaración adicional, contactai connosco.

Aínda non há data marcada para a reunión da Comisión de Valoración mas é posível que sexa na próxima quinta-feira (xoves, 29 de abril).

 

Concursos de Mobilidade e Carreira Administrativa

23 Abr 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a reunión da Mesa Técnica de Seguimento da Carreira Administrativa que decorreu no día de onte, virada nomeadamente para o asunto dos concursos de mobilidade.

 

1 2 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta

Abril 2010
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << < Atual> >>
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
Centro de Formación Profesional Forga Milladoiro
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 2
powered by b2evolution free blog software