Novo boletín da CIG para explicar as consecuencias das medidas do goberno para afrontar a crise e as alternativas da central

26 Fev 2010



Infórmase igualmente do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, e do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega

A CIG acaba de editar un novo boletín [PDF | 1.9 MB], dirixido a delegados e delegadas da CIG, para explicar a posición da central sindical a respeito das medidas que se están a estudar polo goberno para afrontar a crise económica e para apresentar as súas alternativas. Infórmase tamén das convocatorias da mobilizacións do 10 de marzo en cada comarca, que desta volta celébranse baixo o lema: O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando!

Resposta:

No boletín analísase o alcance e consecuencias de medidas como a reforma das pensións, a conxelación salarial e a proposta de reforma laboral; explícanse as alternativas que defende a central sindical para afrontar a crise e para mellorar as condicións laborais: o que significa para Galiza a Lei de Caixas e a importancia da mobilización que, en defensa da nosa lingua, decorreu en Compostela, con motivo da greve do ensino, o pasado 21 de xaneiro.

Especial relevancia, polas datas en que nos encontramos, teñen as informacións relativas tanto ao 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, que se realiza baixo o lema: Resistimos! Loitamos! Reivindicamos o noso espazo na sociedade, como mulleres, traballadoras e galegas!, como o 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega.

Fonte: xornal dixital Avantar

 



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta

Julho 2010
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
Centro de Formación Profesional Forga Milladoiro
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

More on RSS

Quem está online?

  • Usuários convidados: 2
powered by b2evolution