Axentes Facenda Pública promoción interna 2008 no BOE |
|
| 26 Fev 2010 |
A seguir disponibilizamos ligazón para descarregar no BOE de hoxe a resolución en que por fim foi publicada a nomeación dos Axentes de Facenda Pública (promoción interna) da convocatoria de 2008.
|
Novo boletín da CIG para explicar as consecuencias das medidas do goberno para afrontar a crise e as alternativas da central |
|
| 26 Fev 2010 |
![]() Infórmase igualmente do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, e do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega A CIG acaba de editar un novo boletín [PDF | 1.9 MB], dirixido a delegados e delegadas da CIG, para explicar a posición da central sindical a respeito das medidas que se están a estudar polo goberno para afrontar a crise económica e para apresentar as súas alternativas. Infórmase tamén das convocatorias da mobilizacións do 10 de marzo en cada comarca, que desta volta celébranse baixo o lema: O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando! |