AEAT devolve ao cofre do Estado 410.000 euros orzamentados para axudas de Acción Social |
|
| 10 Fev 2010 |
Na reunión da Mesa de Acción Social do día de hoxe a AEAT informounos, en primeiro lugar, da execución do gasto de Acción Social correspondente ao ano 2009. Para a nosa sorpresa e indignación soubemos que a AEAT devolveu ao cofre do Estado máis de 410.000 euros. Alén de outras cuestións, das cais podeis informamos na nota informativa que disponibilizamos a seguir, salientamos que no ordenado de fevereiro serán pagas as axudas de 2009 para o estudo de idiomas e que para 2010 serán revistas as axudas para a reforma (xubilación).
|
A CIG traslada ao Delegado do Goberno o rexeitamento á reforma laboral e da Seguranza Social |
|
| 10 Fev 2010 |
O Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, acompañado polo Secretario Comarcal da CIG da Coruña, Paulo Carril, manifestou ao Delegado do Goberno o total rexeitamento da central sindical á proposta de reforma laboral e da Seguranza Social anunciada polo presidente Zapatero. No breve encontro que os representantes da CIG mantiveron con Antón Louro, tamén mostraron o malestar polo feito de que as propostas do Goberno, en materia laboral e social, se fagan chegar só as organizacións sindicais estatais, excluíndo as outras dúas centrais que teñen a consideración de máis representativas no Estado español: CIG e ELA.
|