CIG-Ourense mostra o seu desprezo perante as declaracións de Adolfo Domínguez a prol do despedimento libre |
|
| 04 Fev 2010 |
A comarca de Ourense da CIG emitiu un comunicado en que subliña que "as declaracións feitas por Adolfo Dominguez no Foro Europa, son un insulto a todo os traballadores e traballadoras e poñen de manifesto, unha vez máis, a personaxe cavernícola que se esconde detrás deste empresario". Resposta: Acrescentan da CIG-Ourense que "expor a estas alturas o despedimento libre sen trabas administrativas nen xudiciais, é tentar voltar a época da escravitude e defender unhas relacións laborais que lembran a explotación máis inhumana da historia do capitalismo. Con estas teorías para aumentar a produtividade, esta persoa non tería inconvenientes en utilizar o chicote para conseguir aínda máis submetimento da clase traballadora". Ataque ao Estado de Benestar "O seu ataque ao estado de benestar e aos direitos dos traballadores/as supera todos os feitos até agora, deixando ao descoberto o personaxe, un explotador sen escrúpulos, que se beneficia de enormes cantidades de diñeiro público en subvencións do Estado e da Xunta, e dicer, diñeiro de todos os cidadáns, encanto a maior parte da produción ven da China fruto da sobre-explotación a que están submetidos alí os traballadores/as". Por último, salientan que "as súas declaracións merecen o noso total desprezo e o de todos os democratas".
|